Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que amosa unha escolma de exemplos de actuacións arqueolóxicas realizadas en castros da provincia de Lugo na última década. Sen dúbida, unha boa oportunidade para coñecer uns poboados fortificados de enorme interese.
Actividades
Rematamos as actividades programadas para celebrar o Día Internacional dos Museos 2015, cunha proposta para este venres, día 22: Conversas no museo co Colexio de Arquitectos de Ourense.
O Museo e a Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Ourense organizan unha visita aberta a todolos cidadáns ao edificio histórico da Praza Maior.
Dentro do programa de actividades do Museo para celebrar o Día Internacional dos Museos, este mércores, 20 de maio, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “FOTOGRAFÍA. PARQUE DE SAN LÁZARO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).
A explicación correrá a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.
Entrada libre.
O día 19 de maio, no marco das actividades que o Museo ten programadas con motivo do Día Internacional dos Museos 2015, terá lugar a presentación da exposición Propostas arquitectónicas presentadas para a rehabilitación do edificio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Lugar: Praza Maior. Edificio histórico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Permanecerá aberta ata o 22 de maio.
O día 18 de maio, Día Internacional dos Museos o museo ten programado o concerto de 2uS.
Unha viaxe sonora a través dos sentidos protagonizada por Fernando Abreu (clarinetista), Pablo Carrera (guitarrista) e Marcos Vázquez (batería).
No claustro do edificio histórico do Museo na Praza Maior, ás 21.00 h
Entrada libre ata completar prazas.
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos 2015
Días 19, 20, 21 e 22 de maio
Acceso público ao edificio do Museo Arqueolóxico P. de Ourense na praza Maior
Horario: 9.00 h a 22.00 h
Visitas guiadas a grupos ao Edificio do Museo na praza Maior (antigo Pazo episcopal)
Horario: 12.00 h
Duración: 60 min
Grupos reducidos
DIM2015 no MUSARQOURENSE
Día 18
Concerto de 2uS
Fernando Abreu (clarinetista), Pablo Carrera (guitarrista) e Marcos Vázquez (batería)
Lugar: Claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Hora: 21.00 h
Entrada libre ata completar prazas
O mércores, 8 de abril, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “BIBLIA SACRA. SÉCULO XVI”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).
A explicación correrá a cargo de Justo Carnicero Méndez-Aguirre.
Entrada libre.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- Páxina Seguinte
- Last page