Actividades

Con motivo do 50 aniversario da publicación Los Gallegos en la Argentina de Alberto Vilanova Rodríguez, o Grupo Marcelo Macías comprácese en anunciar o acto de inauguración dunha praca conmemorativa a este ilustre historiador e escritor ourensán.

O acto terá lugar en Ourense, na Rúa Lamas Carvajal, nº 28, o día 15 de abril, ás 12.00h.

Máis información sobre a vida e obra de Alberto Vilanova Rodríguez

O mércores, 13 de abril, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “TENACES PARA EXTRACCIÓNS DENTAIS. CAMPAMENTO DE AQUAE QUERQUENNAE“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo do investigador Tomás Vega Avelaira.

Entrada libre.

O mércores, 16 de marzo, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “VASO E CAZOLA DA IDADE DO BRONCE. PARTOVIA, O CARBALLIÑO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de José Suárez Otero.

Entrada libre.

No marco de colaboración da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, organiza con motivo do Día Internacional da Muller, o proxecto Patrimonio en Feminino, do que presenta a súa sexta edición A memoria feminina: mulleres na historia, historia de mulleres.

O mércores, 10 de febreiro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “EL GRACIOSO. JUAN DE LA COBA“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Roberto Aneiros García e María del Pilar Núñez Sánchez.

Entrada libre.

Por medio da documentación custodiada nos diferentes arquivos de Galicia e de pezas representativas dese momento, mostrase a evolución da cidade de Ourense neses cinco séculos. Completa a exposición un vídeo coa evolución urbana e recreacións en 3D de edificios que forman parte do que se coñece como arquitectura de papel e doutros xa desaparecidos.

Do 26.11.2015 ao 28.02.2016

O mércores, 13 de xaneiro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “PROXECTIL PARA ARTILLARÍA RAIADA DE AVANCARGA“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo do investigador Juan Manuel González de Carballo.

Entrada libre.

Vista frontal e perfil do broche de cinto das Pereiras (Aboal Fernández; Cobas Fernández 1999)

 

O mércores, 9 de decembro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “BROCHE DE CINTO. AS PEREIRAS, AMOEIRO“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao.

Entrada libre.