Actividades

O mércores 13 de decembro ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes de decembro de 2017: “MUÍÑO CIRCULAR. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO-NATURAL DE SANTOMÉ” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Xulio Rodríguez González, director do Museo.

Entrada libre.​

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense súmase á iniciativa da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega para celebrar o Día Internacional do Patrimonio Mundial con toda unha serie de actos ao redor da Semana do patrimonio moble, coa actividade “Peza do ano”.

O mércores, 8 de novembro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “FOTOGRAFÍA: CRUZ DE MONTEALEGRE“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.

Entrada libre.

O mércores, 11 de outubro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “TORTAS DE FUNDICIÓN. CALVOS DE RANDÍN“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao.

Entrada libre.

O mércores, 13 de setembro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “ZANFONA“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Roberto Aneiros García.

Entrada libre.

O luns 7 e o luns 14 de agosto o edificio do Museo na Praza Maior será o espazo no que o Cineclube Padre Feijoo proxectará ”Corpse Bride” (A noiva cadáver) e “Brendan and the Secret of Kells” (O segredo do libro de Kells).

Acceso pola rúa Primavera – Praza San Marcial

Actividade de balde ata completar aforo

 

07/08/2017 ás 22.00 h

“Corpse Bride” (A noiva cadáver)

O mércores, 14 de xuño, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “PUÑAL DE ANTENAS. CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Ana María Veiga Romero.

Entrada libre.

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS o Museo Arqueolóxico organiza un concerto de Clara Pino & Pablo Vidal.

21:00 h. Acceso libre

Claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Praza Maior