Actividades

No xardín do Museo Arqueolóxico na Praza Maior, Cineclube Padre Feijoo proxecta o mércores 29 de agosto as CURTAS PREMIADAS NA CATEGORÍA NACIONAL FICBUEU 2017 (91 min.)

Será ás 21:30 h. con entrada de balde.

 

LENI K

Alberto Taibo (España, 2015) 19 min.

Mellor Curta e Mellor Director en CyLnema en corto. Mellor Guión FICBUEU 2017.

No xardín do Museo Arqueolóxico na Praza Maior, Cineclube Padre Feijoo proxecta o mércores 22 de agosto as CURTAS PREMIADAS NA CATEGORÍA INTERNACIONAL FICBUEU 2017 (104 min.)

Será ás 21:30 h. con entrada de balde.

FOX

Jaqueline Lentzou (Grecia, 2016) 28 min.

Sección oficial nos festivais de Locarno, Saraxevo e Atenas. Primeiro Premio no FICBUEU 2017

No xardín do Museo Arqueolóxico na Praza Maior, Cineclube Padre Feijoo proxecta o mércores 8 de agosto o filme O REI CHOSCO (EL REY TUERTO, de Marc Crehuet Almirall). España, 2016 (87 min.)

Será ás 21:30 h. con entrada de balde.

8 de agosto

21:30 h., de balde

“EL REY TUERTO” (España, 2016) O REI CHOSCO de Marc Crehuet Almirall (87 min.)

O día 18 de maio, venres, ás 21.00h dentro das actividades do DIM2018, concerto no claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense na Praza Maior.

Nastasia Zürcher Acoustic Trio, compositora suízo-galega gañadora da categoría “Blues, Funk & Soul” nos Galician Music Awards 2016 (Premios Martín Códax da Música).

Entrada libre ata completar aforo.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Visitas guiadas ao Edificio do Museo na praza Maior (antigo Pazo Episcopal)

Días 15 e 16 de maio ás 20.15 h

Día 18 de maio ás 12.00 h

Duración 60 min. Grupo reducido (20 persoas máximo)

Necesaria inscrición previa; no teléfono 988 788 439 ou enviando un correo a mapour@xunta.es

 

O mércores 11 de abril ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes de abril de 2018:SIGILLATA SUDGÁLICA DECORADA. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO-NATURAL DE SANTOMÉ” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Tomás Vega Avelaira.

Entrada libre.