Actividades

O mércores 14 de novembro ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do Mes de novembro de 2018: “FOTOGRAFÍA. RETRATO DE EMILIO CASTELAR” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Roberto Aneiros García.

Entrada libre.

O mércores 10 de outubro ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do Mes de outubro de 2018: “SEMENTES. CASTRO DE TRELLE” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.

Entrada libre.

No xardín do Museo Arqueolóxico na Praza Maior, Cineclube Padre Feijoo proxecta o mércores 29 de agosto as CURTAS PREMIADAS NA CATEGORÍA NACIONAL FICBUEU 2017 (91 min.)

Será ás 21:30 h. con entrada de balde.

 

LENI K

Alberto Taibo (España, 2015) 19 min.

Mellor Curta e Mellor Director en CyLnema en corto. Mellor Guión FICBUEU 2017.

No xardín do Museo Arqueolóxico na Praza Maior, Cineclube Padre Feijoo proxecta o mércores 22 de agosto as CURTAS PREMIADAS NA CATEGORÍA INTERNACIONAL FICBUEU 2017 (104 min.)

Será ás 21:30 h. con entrada de balde.

FOX

Jaqueline Lentzou (Grecia, 2016) 28 min.

Sección oficial nos festivais de Locarno, Saraxevo e Atenas. Primeiro Premio no FICBUEU 2017

No xardín do Museo Arqueolóxico na Praza Maior, Cineclube Padre Feijoo proxecta o mércores 8 de agosto o filme O REI CHOSCO (EL REY TUERTO, de Marc Crehuet Almirall). España, 2016 (87 min.)

Será ás 21:30 h. con entrada de balde.

8 de agosto

21:30 h., de balde

“EL REY TUERTO” (España, 2016) O REI CHOSCO de Marc Crehuet Almirall (87 min.)

O día 18 de maio, venres, ás 21.00h dentro das actividades do DIM2018, concerto no claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense na Praza Maior.

Nastasia Zürcher Acoustic Trio, compositora suízo-galega gañadora da categoría “Blues, Funk & Soul” nos Galician Music Awards 2016 (Premios Martín Códax da Música).

Entrada libre ata completar aforo.