Actividades

O mércores, 9 de novembro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “FOTOGRAFÍA. ALAMEDA DO CONCELLO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.

Entrada libre.

O mércores, 19 de outubro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “A OFRENDA FUNDACIONAL DO TÚMULO M5 DE OUTEIRO DE CAVALADRE (MUÍÑOS, OURENSE)”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de José María Eguileta Franco.

Entrada libre.

O mércores, 14 de setembro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “EXPLICACIÓN AOS SALMOS. SÉCULO XVI“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Justo Carnicero Méndez-Aguirre.

Entrada libre.

Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que é a segunda exposición itinerante producida pola Unidad de Cultura Científica e Innovación (UCC+i) do CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana). Trátase dunha proposta didáctica ampla, discutible e contestataria ao discurso tradicional sobre a evolución humana coa que se pretende colaborar na difusión dunha ciencia veraz e inclusiva, que no posible transcenda etnocentrismos e prexuízos.

O mércores, 8 de xuño, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “VASO. REZA VELLA”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Ana María Veiga Romero.

Entrada libre.

Concerto

Mr. Cool & Felipe Castro

O día 18 de maio ás 21.00 h. no claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense na Praza Maior.

Entrada libre ata completar prazas.

Busto do pintor Ramón Parada Justel realizado por Carlos Mani Roig pertencente tamén aos fondos do Museo

 

O mércores, 11 de maio, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “RAMÓN PARADA JUSTEL. MERCURIO E ARGOS, COPIA DE VELÁZQUEZ“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao.

Entrada libre.

ACTIVIDADES NO MES DE MAIO NO MUSEO CON MOTIVO DO DIM

 

Saídas culturais a espazos que conforman as paisaxes culturais da nosa provincia

Gratuitas. É necesario anotarse a estas visitas, as prazas son limitadas.

Teléfono: 988788439 / correo electrónico: mapour@xunta.es

- 7 maio, sábado: Saída cultural ao Parque Arqueolóxico de San Cibrao de Las