Actividades

Vista frontal e perfil do broche de cinto das Pereiras (Aboal Fernández; Cobas Fernández 1999)

 

O mércores, 9 de decembro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “BROCHE DE CINTO. AS PEREIRAS, AMOEIRO“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao.

Entrada libre.

O mércores, 18 de novembro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “A DONA DO MUSEO. ACISCLO MANZANO“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez.

Entrada libre.

O mércores, 14 de outubro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “CONXUNTO DE MATERIAIS. CASTRO DA SACEDA“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Martiño Xosé Vázquez Mato.

Entrada libre.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense participa na exposición en liña Eros y Anteros: Visiones sobre la sexualidad femenina, da quinta edición de Patrimonio en Femenino, no marco de colaboración da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España que organiza o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.

O mércores, 9 de setembro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “RETRATO DE PAZ NOVOA. J. M. SALGADO RODRÍGUEZ“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Roberto Aneiros García.

Entrada libre.

O mércores, 10 de xuño, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “PORCELANAS CHINESAS. EDIFICIO DO MUSEO“, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Ana María Veiga Romero.

Entrada libre.

Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que amosa unha escolma de exemplos de actuacións arqueolóxicas realizadas en castros da provincia de Lugo na última década. Sen dúbida, unha boa oportunidade para coñecer uns poboados fortificados de enorme interese.

Rematamos as actividades programadas para celebrar o Día Internacional dos Museos 2015, cunha proposta para este venres, día 22: Conversas no museo co Colexio de Arquitectos de Ourense.

O Museo e a Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Ourense organizan unha visita aberta a todolos cidadáns ao edificio histórico da Praza Maior.