Actividades

Con motivo do Día Internacional dos Museos o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense programou unha serie de actividades.

No marco desta programación, os días 13, 14, 15 e 16 de maio haberá visitas guiadas ao edificio do Museo Arqueolóxico, na Praza Maior.

Horario: 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 h

Cunha duración aproximada de 60 minutos

Grupos limitados a un máximo de 30 persoas

Idade recomendada para participar: a partir de 10 anos

Visita gratuíta

Anótate nos teléfonos: 988 223 884 / 988 230 430 ou envía un correo a mapour@xunta.es

O mércores, 9 de abril, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “COLECCIÓN DE DEBUXOS. DOAZÓN DE JOSÉ MANUEL VALENCIA SOTELO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez.

Entrada libre.

O mércores, 12 de marzo, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “PRANCHA DE GRAVADO. SANTO CRISTO DE OURENSE”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao.

Entrada libre.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense participa no catálogo temático en rede Tradición e Modernidade, da cuarta edición de Patrimonio en Feminino, no marco de colaboración da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España que organiza o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.

O mércores, 12 de febreiro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “ELEMENTO ARQUITECTÓNICO DA ERMIDA DA NOSA SEÑORA DO POSÍO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do historiador Avelino Rodríguez González.

Entrada libre.

O mércores, 8 de xaneiro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “VASO DA IDADE DO BRONCE DE PARDOLLÁN, VALDEORRAS”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do arqueólogo José Suárez Otero.

Entrada libre.

Dada a boa acollida de público, nos diferentes niveis, que está tendo a exposición A restauración no Museo. Criterios e intervencións, que ten lugar no Centro Social de Novacaixagalicia na Praza Maior, e para facilitar a súa visita, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e a Fundación Novacaixagalicia, acordaron mantela aberta ata o día 9 de febreiro de 2014.

Con esta exposición achégase á sociedade unha das facianas menos coñecidas do traballo que ten lugar nun museo, facendo visible o cometido dos profesionais que o levan a cabo. As pezas que ilustran os diferentes procesos de conservación e restauración forman parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e abranguen un amplo abano cronolóxico con mestres escultores da talla de Juan de Juni ou Mateo de Prado.