O sábado día 18, ás 12:00h na sede do Museo na Praza Maior, o Secretario Xeral de Cultura acompañado polo Director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, presentará a programación de actividades do Museo para o ano 2013. En dito acto se proxectará un video de recente realización da reconstrucción en 3D das diferentes fases do edificio do Museo, con motivo do día Internacional dos Museos.
Actividades
O xoves, 16 de maio, ás 11,30h terá lugar a terceira actividade que o Museo ten programada con motivo do Día Internacional dos Museos 2013
VISITA GUIADA Á SALA “ESCOLMA DE ESCULTURA” DE SAN FRANCISCO
(Entrada libre)
Nesta visita tratarase de ofrecer un percorrido cronolóxico polas series de escultura dos fondos do Museo, aproveitando a escolma das coleccións escultóricas en pedra, bronce e madeira que ofrece esta sala, e onde destacan especialmente os guerreiros galaicos e a escultura renacentista.
O mércores, 15 de maio, ás 20,00h, terá lugar a segunda actividade que o Museo ten programada con motivo do Día Internacional dos Museos 2013.
PRESENTACIÓN DA PEZA DO MES: “REI DAVID. Santa María de Covas, Cea”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).
A explicación correrá a cargo de Ana Mª Veiga Romero.
Entrada libre.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
14 maio
VISITA GUIADA AO LABORATORIO DE RESTAURACIÓN
O proceso de restauración “in situ” dunha pintura sobre lenzo
12:00h e 17:00h
Duración: 60 minutos
Grupos reducidos
Lugar: Santa María de Europa, rúa Xílgaros. A Carballeira
Prazo de inscrición: ata o 13 de maio
O mércores, 10 de abril, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “RETRATO DE NAN DE ALLARIZ. Vicente Díaz y González”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao.
Entrada libre.
O mércores, 13 de marzo, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “Mural modernista. Jesús Soria”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez.
Entrada libre.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo das Peregrinacións e de Santiago e o Museo Etnolóxico de Ribadavia, participa nunha iniciativa promovida pola Rede Dixital de Museos de España, a exposición en liña Mulleres ante a adversidade: Tempos e contratempos
O vindeiro xoves, 24 de xaneiro, o Grupo Marcelo Macías presentará os novos volumes do Boletín Avriense correspondentes ós anos 2011-2012 en homenaxe a dona Olga Gallego Domínguez.
O acto de presentación terá lugar no Liceo ás 12.30 h.