O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense participa no catálogo temático en rede Tradición e Modernidade, da cuarta edición de Patrimonio en Feminino, no marco de colaboración da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España que organiza o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.
Actividades
O mércores, 12 de febreiro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “ELEMENTO ARQUITECTÓNICO DA ERMIDA DA NOSA SEÑORA DO POSÍO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do historiador Avelino Rodríguez González.
Entrada libre.
O mércores, 8 de xaneiro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “VASO DA IDADE DO BRONCE DE PARDOLLÁN, VALDEORRAS”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do arqueólogo José Suárez Otero.
Entrada libre.
Dada a boa acollida de público, nos diferentes niveis, que está tendo a exposición A restauración no Museo. Criterios e intervencións, que ten lugar no Centro Social de Novacaixagalicia na Praza Maior, e para facilitar a súa visita, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e a Fundación Novacaixagalicia, acordaron mantela aberta ata o día 9 de febreiro de 2014.
Con esta exposición achégase á sociedade unha das facianas menos coñecidas do traballo que ten lugar nun museo, facendo visible o cometido dos profesionais que o levan a cabo. As pezas que ilustran os diferentes procesos de conservación e restauración forman parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e abranguen un amplo abano cronolóxico con mestres escultores da talla de Juan de Juni ou Mateo de Prado.
O mércores, 13 de novembro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “PICOS CAMPOSANQUENSES”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.
Entrada libre.
O mércores, 9 de outubro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “UNHA PASAXE DA VIDA DE SAN BIEITO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Cristina Rodríguez Rodríguez e Francisco Fariña Busto.
Entrada libre.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, no seu afán de divulgar o Patrimonio Cultural da provincia e de conectar coa sociedade, pon ao servizo da comunidade educativa en particular e da sociedade en xeral, desde o 17 de outubro de 2013 ata o 26 de xuño de 2014, todos os xoves de cada semana, visitas guiadas gratuítas ao Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé (Ourense).
Horarios:
11:00h a 12:00h
12:30h a 13:30h
16:00h a 17:00h
Grupos reducidos
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- Páxina Seguinte
- Last page