O Museo asinou en xaneiro de 2014 un interesante convenio de colaboración co The Courtauld Institute of Art para participar no Gothic Ivories Project.
Actividades
O mércores, 14 de xaneiro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “PIQUETA. CAMPAMENTO DE AQUAE QUERQUENNAE”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do investigador Tomás Vega Avelaira e a restauradora Beatriz Viñas Vázquez.
Entrada libre.
O mércores, 17 de decembro, ás 20.00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “STYLUS. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO-NATURAL DE SANTOMÉ”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).
A través desta peza o Director do Museo, Xulio Rodríguez González, disertará sobre a escritura no mundo romano.
Entrada libre.
Con motivo da entrega dos Premios da Cultura Galega 2014, o día 10 de decembro, aprázase a presentación da Peza do Mes: Stylus. Conxunto arqueolóxico natural de Santomé.
Entrega do Premio da Cultura Galega 2014 na modalidade de Patrimonio Cultural ó Grupo Marcelo Macías
O día 10 de decembro tivo lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, o acto de entrega dos Premios da Cultura Galega 2014.
Estes galardóns, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, a conservación do patrimonio e a difusión da cultura galega. Na edición deste ano, o xurado premiou ó Grupo Marcelo Macías na modalidade de Patrimonio Cultural.
O mércores, 12 de novembro, ás 20:00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “FOTOGRAFÍA: XARDÍN DO POSÍO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.
Entrada libre.
O mércores, 8 de outubro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “A FOLLA DE GRAO DO PADRE FEIJOO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Justo Carnicero Méndez-Aguirre.
Entrada libre.
O mércores, 17 de setembro, o Grupo Marcelo Macías presentou o volume XLIII do Boletín Avriense correspondente ó ano 2013.
O acto de presentación tivo lugar no Liceo ás 11.30 h.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- Páxina Seguinte
- Last page