Actividades

Inauguración desta exposición itinerante no Edificio Multiusos Municipal en San Cristovo de Cea o día 2 de febreiro de 2012 ás 19:00h.

Permanecerá aberta ata o 5 de marzo.

Entrada libre e gratuíta.

O mércores, 11 de xaneiro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: Unha punta de lanza do Bronce Final de Dozón, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do arqueólogo José Suárez Otero.

Entrada libre.

O mércores, 14 de decembro, ás 20:00h. terá lugar a presentación da Peza do mes: Sítulas de Santomé, na Sala San Francisco. A explicación correrá a cargo de Xulio Rodríguez González, director do Museo.

Entrada libre.

Inauguración desta exposición itinerante na Casa da Cultura de Xinzo de Limia o día 3 de novembro de 2011 ás 20:30h.

Entrada libre e gratuíta.

Inauguración desta exposición itinerante na Casa do Escudo de Verín o día 7 de outubro de 2011 ás 19:00h.

Entrada libre e gratuíta.

Permanecerá ata o 27 de outubro.

Publicación “ O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata”

O mércores, 5 de outubro, ás 20:00h. terá lugar a presentación da Peza do mes: Il terzo libro, na Sala San Francisco. A explicación correrá a cargo de María José Sierra Rodríguez.

Entrada libre.

Martes 23 de Agosto as 20:00 h. no Museo Arqueolóxico

A Compañía Autónoma Dromosofista presenta: O cubo libre Teatro musical, mimo e teatro de obxectos.

Catro personaxes arredor dun cubo negro transfórmanse nunha espiral de imaxes surrealistas e poéticas, acompañadas de música ao vivo.

Espazos Sonoros conta de novo co Museo Arqueolóxico para achegar unha nova proposta musical e promocionar o patrimonio.

Máis información en Espazos Sonoros