Actividades

O día 18 de maio, venres, ás 21.00h dentro das actividades do DIM2018, concerto no claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense na Praza Maior.

Nastasia Zürcher Acoustic Trio, compositora suízo-galega gañadora da categoría “Blues, Funk & Soul” nos Galician Music Awards 2016 (Premios Martín Códax da Música).

Entrada libre ata completar aforo.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Visitas guiadas ao Edificio do Museo na praza Maior (antigo Pazo Episcopal)

Días 15 e 16 de maio ás 20.15 h

Día 18 de maio ás 12.00 h

Duración 60 min. Grupo reducido (20 persoas máximo)

Necesaria inscrición previa; no teléfono 988 788 439 ou enviando un correo a mapour@xunta.es

 

O mércores 11 de abril ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes de abril de 2018: “SIGILLATA SUDGÁLICA DECORADA. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO-NATURAL DE SANTOMÉ” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Tomás Vega Avelaira.

Entrada libre.

O mércores 14 de marzo ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes de marzo de 2018: “VIRXE DO CARME. RETABLO DE ALONGOS” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao.

Entrada libre.

“Fóra dos museos” traza un percorrido singular para que visitantes e público en xeral poidan, dunha banda, gozar de preto de seis pezas únicas provintes de museos e coleccións privadas, e doutra, reflexionar sobre o papel destas institucións en Galicia. Partindo dunha escolla de seis pezas que se irán exhibindo, a partir do 13 de marzo ás 20:00, durante oito meses, achegarémonos á súa orixe e problemáticas, e preguntarémonos que tipo de obxectos custodian.

O Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso foi pensado para ofrecer ao seu público a posibilidade de escoitar solistas e grupos dunha calidade moi alta ou incluso excepcional no mellor do noso patrimonio arquitectónico.

A Catedral, de cuxo Pórtico toma o nome o Festival, ten un especial protagonismo pois nela ábrese cada edición cun concerto de música sacra.

Con motivo da celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, dedicado neste mes de febreiro á Ribeira Sacra incluimos nesta sección unha fotografía de Diego Quiroga Losada, Marqués de Santa María del Villar (1880–1976).