Actividades

As obras de rehabilitación -hoxe en curso- do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, instalado desde a década dos cincuenta do século pasado no antigo Pazo do Bispo, implicaron preceptivos traballos de investigación arqueolóxica previa, dos que gran parte dos restos descubertos se integraron no proxecto de rehabilitación arquitectónica.

Esta lámina, realizada en tinta sobre papel, pertence ao Caderno de debuxos atribuído ao Padre Sarmiento que se conserva no fondo documental do Museo Arqueolóxico e foi recentemente publicada na Peza do Mes. O investigador Justo Carnicero Méndez-Aguirre estuda o conxunto de inscricións e debuxos de diversos elementos artísticos e arquitectónicos que coinciden exactamente cos lugares por onde pasou o P. Sarmiento, nas súas tres viaxes a Galicia en 1725, 1745 e 1754-1755.

Todos os proxectos elaborados foron magníficos!

Tras moitas deliberacións o CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo) e o CEIP de Oímbra foron os colexios elixidos para desfrutar dun Obradoiro Arqueolóxico agasallo de Xeitura para o vindeiro curso escolar.

Todos os colexios participantes recibirán un lote de libros para as súas bibliotecas.

Temos que agradecer a dedicación e calidade didáctica da responsable destes obradoiros, Begoña Garrido Labrador de Xeitura.

Noraboa a todos os alumn@s e profesores porque sodes uns grandes museólogos!

Con motivo do Día Internacional dos Museos elabórase este vídeo sobre a historia do edificio do Museo na Praza Maior, que se presenta e exhibe dende o 13 de maio ao 13 de xuño na Biblioteca Pública Nós en Ourense.

#DIM2021 : O FUTURO DOS MUSEOS: RECUPERAR E REIMAXINAR

 

Quico Cadaval“A memoria reimaxinada”

18 de mayo ás 20:30 h.

Emisión en streaming vía Facebook Live

Enlace: https://www.facebook.com/events/500532077768263/

Entradas esgotadas! Pero lembrade que se emite en streaming vía Facebook Live.

El martes, 18 de mayo, a las 20:30 h.