NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

«Ourense. Anos 20». Turnismo

«Ourense. Anos 20». Turnismo

Turnismo

A inicios da década de 1920 o sistema político da Restauración estaba en crise. Baseábase na alternancia no poder dos partidos conservador e liberal, deixando fóra do xogo político a calquera partido da oposición. Para isto valíanse dunha rede caciquil que intercambiaba favores por votos (construción de camiños e escolas, favores no pago de tributos, exención do servizo militar...) e de artimañas como a modificación do censo, cambiar as actas reais das votacións ou non abrir os colexios electorais o día da votación. Gabino Álvarez Bugallal polo partido conservador e Vicente Pérez Romero do partido liberal, eran a nivel provincial quen comandaban esta estrutura.

A nivel estatal o pacto establecido en 1874, desde xullo de 1917, facía augas.

Nos seis anos seguintes, ata o Golpe de Estado producíronse 14 crises de goberno, con catro eleccións xerais e coa dimisión de tres presidentes do Consello de Ministros.

Tal situación, creaba tedio e apatía na clase popular que renunciaba a participar nun sistema viciado. De modo que a sociedade foi creando as súas propias forzas políticas á marxe do sistema: o sindicalismo de clase, o republicanismo de Lerroux e os nacionalismos periféricos.

O movemento obreiro do Ourense desta época benefíciase da chegada de líderes sindicais foráneos para a construción da Ponte Nova sobre o río Miño entre 1911 e 1918. De feito, nada máis comezar a obra, 200 canteiros decláranse en folga polo despido improcedente dun compañeiro e a actitude do capataz. Na industria as mobilizacións concentráronse na fábrica que máis traballadores empregaba: a fundición Malingre. As folgas responden á solidariedade con compañeiros en situacións que se consideraban inxustas ou á demanda de melloras no traballo, como a xornada de 8 horas. O lema a nivel internacional era «888»: oito horas para o traballo; 8 para a formación e recreo; 8 horas para durmir. En 1919 lograríase a aplicación da xornada de 8 horas diarias (de luns a sábado).

En 1923, a Ditadura supuxo a desarticulación do movemento obreiro. O anarquismo estaría prohibido e por tanto a CNT pasaría a clandestinidade; a relación co comunismo tamén era hostil mentres que a UXT está en auxe ao colaborar co réxime. De feito, son quen trala creación en 1926 dos comités paritarios, os que acapararán os postos de representación. Durante estes anos, a bonanza económica favoreceu a baixa conflitividade, grazas tamén ao aumento dos salarios e ás medidas de protección obreira que o socialismo introduce. En Ourense, o primeiro de maio de 1929, no solpor da Ditadura, a asociación de traballadoras e traballadores con Manuel Suárez como vocal delegado consegue inaugurar a Casa do pobo, logo de case tres lustros de obras.

Anexo Tamaño
«Ourense. Anos 20». Turnismo (19.92 KB) 19.92 KB