Sen título (CE005361)

Sen título (CE005361)
Sen título (CE005361)
Comentario

Punta de lanza ou puñal de base en lingüeta rectangular simple, sen rebordos, con dous buratos circulares para fixar o encabamento mediante remaches de sección lenticular. A folla lanceolada presenta unha nervadura central por ámbalas dúas faces, aínda que o seu eixo lonxitudinal está torto. A sección da folla é de tendencia romboidal, e os gumes son grosos sen rebaixes. A superficie da peza está regularizada. Conserva parte dun remache, semella que de ferro, no interior dun dos buratos da lingüeta. Polo grosor da folla e dos fíos considérase máis lanza que puñal. Presenta un puído metalográfico na fractura da folla. A peza é coñecida como puñal de O Picote.

Sen título (CE005360)

Sen título (CE005360)
Sen título (CE005360)
Comentario

Punta de lanza de base tubular para o seu encabamento mediante a insercción dun vástago. A base é conica presenta dous buratos ben conformados de posición lateral para a fixación do vástago. A folla é lanceolada e alargada por ámbalas dúas faces. Presenta unha nervadura central acusada que forma aresta. A folla non presenta rebaixe nos fíos. A sección é circular na base e romboidal na folla, co nervio destacado. Gume adelgazado.

Sen título (CE005359)

Sen título (CE005359)
Sen título (CE005359)
Comentario

Punta de lanza de base tubular para o seu encabamento insertándo un vástago no seu interior. Presenta un forte nervio central por ámbalas dúas faces feita por dous acanaladuras lonxitudinais. A folla é lanceolada e alongada, ensanchándose no primeiro tercio da súa lonxitude a partires do arranque da base.

Sen título (CE005243)

Sen título (CE005243)
Sen título (CE005243)
Comentario

Ara en forma de bloque paralelepípedo, con fóculo de perfil circular. O granito é de boa calidade, pero ten numerosos repicados. Inscrición en tres liñas

Sen título (CE005239)

Sen título (CE005239)
Sen título (CE005239)
Comentario

Mosaico de tema mariño cunha decoración organizada en bandas horizontais. No fragmento conservado identifícanse, de abaixo arriba, dúas filas de bandas en zigzag, de teselas grises, representando a auga; un prago á dereita e o arrinque da testa dun fodón ou faneca, tamén a dereita; unha nova ringleira de auga e por riba un ourizo (ou flor de auga), seguido de dúas ameixas dispostas en paralelo, e ondas mariñas amosadas como un grupo de liñas curtas paralelas rematadas nun dobre apéndice (elemento que dá a sensación de movemento característico da musivaria do Noroeste peninsular). Separadas por outra representación da auga, superpóñense unhas ondas mariñas, outras dúas ameixas e parte da cola e do corpo dun golfiño, á esquerda (segundo un modelo característico do Baixo Imperio).

Sen título (CE005228)

Sen título (CE005228)
Sen título (CE005228)
Comentario

Xerra bitroncocónica de pequeno tamaño con engobe externo. Ten un bordo lixeiramente exvasado cara ao exterior e facetado no interior. Posúe unha asa de sección semicircular que vai dende o bordo redondeado ata a zona media da xerra, delimitada por unha suave carena. A peza apoia nun pé liso de forma prácticamente circular e de pouca altura (0.8 cm).

Sedente de Pedrafita

Sedente de Pedrafita
Sedente de Pedrafita
Comentario

Representa unha figura sentada nun trono á que lle falta a cabeza. É simétrica, frontal, hierática e aparentemente basta. Viste unha sinxela túnica sen cinguir que, sen deixar adiviñar a súa anatomía, chega por debaixo dos xeonllos. As pantorrillas simétricas, ben moldeadas e lixeiras, contrastan coa sensación cúbica e de pesadez que transmite o resto da talla. Os pés, dos que só se conserva o dereito, non nos permiten saber se vai ou non calzado xa que, a diferenza das mans, os dedos non están sinalados. Como únicos adornos da súa indumentaria leva en ambos pulsos un aro ancho a modo de pulseira que contribúen a dinamizar en algo a postura ríxida dos seus brazos, que sosteñen un recipiente de libación entre as súas mans.

A figura séntase nun trono de gran exuberancia formal, decorado con motivos de dentes de lobo nos traveseiros laterais e cun trisquel no respaldo, motivo recurrente en toda a plástica castrexa, e cremos que empregado aquí para acentuar o valor simbólico que comporta o trono, emblema en todas as culturas antigas da divinidade dos deuses, dos homes de alta linaxe, ou dos mortos divinizados, ata o punto de acadar por si só o carácter divino ou real, e así indicarnos con isto o que está a representa a figura.

Sen título (CE005179)

Sen título (CE005179)
Sen título (CE005179)
Comentario

Ara en forma de prisma rectangular coa cabeceira repicada, sen distinción de fóculo nin rolos, faltándolle tamén a basa, que igual que un lateral e a cara posterior foron modificadas para adaptalas a parede da que formaba parte. Inscrición en catro liñas.

Sen título (CE005178)

Sen título (CE005178)
Sen título (CE005178)
Comentario

Ara de forma prismática, con capitel e base decorados con faixas estreitas e lisas, a modo de filetes decrecentes e dobre moldura, máis ancha nos extremos, que na parte inferior da base adquiren un maior desenvolvemento.Fáltanlle os rolos que adornaban o capitel, supoñemos que eliminados cando foi reaproveitada para construír o altar. Inscrición en seis liñas.

Sen título (CE005173)

Sen título (CE005173)
Sen título (CE005173)
Comentario

Bloque paralelepípedo de base case cadrada. Na parte superior apréciase o fóculus en resalto de 12 cm de diámetro e 2 cm de altura, e unha depresión central. Os rolos que debeu ter, están rotos, ao lado dereito, ademais, fáltalle un anaco de forma rectangular para adecuala á función constructiva que tiña no momento do seu descubrimento. O epígrafe va en campo resaltado. A cabeza está separada do pé por unha acanaladura de 5 cm de ancho. No extremo inferior dereito fáltalle un anaco en forma de lasca triangular que dificulta a lectura da última letra. Inscrición en tres liñas.