Sen título (CE005228)

Sen título (CE005228)
Sen título (CE005228)
Comentario

Xerra bitroncocónica de pequeno tamaño con engobe externo. Ten un bordo lixeiramente exvasado cara ao exterior e facetado no interior. Posúe unha asa de sección semicircular que vai dende o bordo redondeado ata a zona media da xerra, delimitada por unha suave carena. A peza apoia nun pé liso de forma prácticamente circular e de pouca altura (0.8 cm).

Sedente de Pedrafita

Sedente de Pedrafita
Sedente de Pedrafita
Comentario

Representa unha figura sentada nun trono á que lle falta a cabeza. É simétrica, frontal, hierática e aparentemente basta. Viste unha sinxela túnica sen cinguir que, sen deixar adiviñar a súa anatomía, chega por debaixo dos xeonllos. As pantorrillas simétricas, ben moldeadas e lixeiras, contrastan coa sensación cúbica e de pesadez que transmite o resto da talla. Os pés, dos que só se conserva o dereito, non nos permiten saber se vai ou non calzado xa que, a diferenza das mans, os dedos non están sinalados. Como únicos adornos da súa indumentaria leva en ambos pulsos un aro ancho a modo de pulseira que contribúen a dinamizar en algo a postura ríxida dos seus brazos, que sosteñen un recipiente de libación entre as súas mans.

A figura séntase nun trono de gran exuberancia formal, decorado con motivos de dentes de lobo nos traveseiros laterais e cun trisquel no respaldo, motivo recurrente en toda a plástica castrexa, e cremos que empregado aquí para acentuar o valor simbólico que comporta o trono, emblema en todas as culturas antigas da divinidade dos deuses, dos homes de alta linaxe, ou dos mortos divinizados, ata o punto de acadar por si só o carácter divino ou real, e así indicarnos con isto o que está a representa a figura.

Sen título (CE005179)

Sen título (CE005179)
Sen título (CE005179)
Comentario

Ara en forma de prisma rectangular coa cabeceira repicada, sen distinción de fóculo nin rolos, faltándolle tamén a basa, que igual que un lateral e a cara posterior foron modificadas para adaptalas a parede da que formaba parte. Inscrición en catro liñas.

Sen título (CE005178)

Sen título (CE005178)
Sen título (CE005178)
Comentario

Ara de forma prismática, con capitel e base decorados con faixas estreitas e lisas, a modo de filetes decrecentes e dobre moldura, máis ancha nos extremos, que na parte inferior da base adquiren un maior desenvolvemento.Fáltanlle os rolos que adornaban o capitel, supoñemos que eliminados cando foi reaproveitada para construír o altar. Inscrición en seis liñas.

Sen título (CE005173)

Sen título (CE005173)
Sen título (CE005173)
Comentario

Bloque paralelepípedo de base case cadrada. Na parte superior apréciase o fóculus en resalto de 12 cm de diámetro e 2 cm de altura, e unha depresión central. Os rolos que debeu ter, están rotos, ao lado dereito, ademais, fáltalle un anaco de forma rectangular para adecuala á función constructiva que tiña no momento do seu descubrimento. O epígrafe va en campo resaltado. A cabeza está separada do pé por unha acanaladura de 5 cm de ancho. No extremo inferior dereito fáltalle un anaco en forma de lasca triangular que dificulta a lectura da última letra. Inscrición en tres liñas.

Sen título (CE005168)

Sen título (CE005168)
Sen título (CE005168)
Autores/as
Denon, Dominique Vivant
Jeuffroy, Romain-Vicent
Comentario

Recreación da batalla de moscova. Represéntase un soldado cabalgando e perseguindo a un soldado inimigo mentres aos seus pés xace un soldado morto. A súa dereita e esquerda o nome dos autores e lenda no exergo

Sen título (CE005147)

Sen título (CE005147)
Sen título (CE005147)
Comentario

Busto de Augusto á esquerda tocado con coroa de loureiro. Lenda e gráfila de puntos

Sen título (CE005133)

Sen título (CE005133)
Sen título (CE005133)
Autores/as
Catenacci, Vicenzo
Taglioni, L.
Arnaud, A.
Comentario

Máquina hidraúlica, un parafuxo descarga auga nun pozo, ao fondo muro e árbores.

Lenda

Sen título (CE005130)

Sen título (CE005130)
Sen título (CE005130)
Autores/as
Duvivier, Benjamín
Comentario

Bustos afrontados do rei Luis XV e de María, aquel laureado e esta con diadema e o cabelo recollido por fita. Lenda

Sen título (CE005127)

Sen título (CE005127)
Sen título (CE005127)
Comentario

Busto de perfil á esquerda de Máximo II, con perruca, seguindo o modelo de Luis XIV, o Rei Sol. Lenda