Real Aero-Club de España
Anverso: Bola terráquea ocupando o campo; debaixo, ás despregadas coas siglas FAI no centro e cartela coa data MCMXXI.
Reverso: Globo aerostático coroado, coa inscrición: REAL AERO-CLUB DE ESPAÑA, sobrevoando a cidade de Madrid.
Colexio Xesuíta da Guarda
Anverso: SANCTGI. IACOBI. APOSTOLI. SOCIETASTIS. IESV * COLLEGIVM. GVARDIENSE*
Sobre cartela de coiro recortado co anagrama xesuítico e venera, os escudos coroados de Pontevedra e A Garda; na zona superior, Santiago Matamoros dirixindo os exércitos. Gráfila de puntos.
Reverso: * IVGI. ATQVE. SEDVLO. STVDIO * ET. ADSIDVI.. FRVCTVI. LABORIS
Alegoría da Sabiduría sedente, portando un libro aberto e coroa de loureiro; sobre unha mesa e esparcidos polo chan, símbolos das artes (entre elas, a música representada por unha lira) e outras disciplinas. Gráfila de puntos.
Leva unha argola de suspensión ldecorada con grilanda vexetal.
Colexio Xesuíta da Guarda
Anverso: SANCTGI. IACOBI. APOSTOLI. SOCIETASTIS. IESV * COLLEGIVM. GVARDIENSE*
Sobre cartela de coiro recortado co anagrama xesuítico e venera, ós escudos coroados de Pontevedra e A Garda; na zona superior, Santiago Matamoros dirixindo os exércitos. Gráfila de puntos.
Reverso: * IVGI. ATQVE. SEDVLO. STVDIO * ET. ADSIDVI.. FRVCTVI. LABORIS
Alegoría da Sabiduría sedente, portando un libro aberto e coroa de loureiro; sobre unha mesa e esparcidos polo chan, símbolos das artes e outras disciplinas. Gráfila de puntos.
Exposición Agrícola, Industrial e de Belas Artes
Anverso: EXPOSICION AGRICOLA INDUSTRIAL Y DE BELLAS ARTES DEDICADA A S. M. LA REINA Dª ISABEL.
No campo, baixo unha coroa de loureiro, a inscrición: AL LMÉRIDO / AÑO 1860 / PALMA.
Reverso: DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE LAS BALEARES.
Escudo de Baleares coroado.
Centenario dos sitios de Zaragoza
Anverso: PALAFOX. LAUDEMUS. VIROS / GLORIOSOS.
Busto á esquerda do Xeneral Palafox con casaca e tricornio; debaixo, coitelo e rama de loureiro cruzados, e sobre eles un papel roto; á dereita, escudo coas armas de Palafox.
Reverso: CIVES. CAES. AUG./ 1908
Marte semidesnudo, portando estandarte e daga, marchando xunto a un león, sobre paisaxe de ruínas; no horizonte, sol radiante no que se le 1808 / 1908
Homenaxe a Pablo Morillo
Anverso: Busto de perfil á esquerda de Pablo Morillo, con uniforme militar; rama de loureiro na base. Inscrición á esquerda: PABLO MORILLO / DEFENSOR / HEROICO / DE / PUENTE / SAMPAYO. Inscrición á dereita: PRIMER / CENTENARIO / DE LA / INDEPENDENCIA / AÑO 1909.
Gráfila vexetal.
Reverso: A Ponte de Sampaio partida pola metade e sol nacente no ángulo superior esquerdo. Coincidindo cos extremos dos eixes, catro pequenos escudos. No campo á dereita, a inscrición: PUENTE / SAMPAYO / 7 Y 8 JUNIO / 1809.
Argola de suspensión sobre a coroa real.
Campaña de África
Anverso: CAMPAÑA / DE AFRICA
Busto de Isabel II, á esquerda, no interior dunha láurea, con cartela inferior na que se le, 1860.
Reverso: No campo, inscrición: SERRALLO / SIERRA-BULLONES / TORRE-MARTIN / LOS CASTILLEJOS / MONTENEGRON Y ASMIR / CABO NEGRO / KELELI / TETUAN / LARACHA ARCILA / SAMSA / UAD-RAS.
Campaña de África
Anverso: CAMPAÑA / DE AFRICA
Busto de Isabel II, á esquerda, no interior dunha láurea, con cartela inferior na que se le, 1860.
Reverso: No campo, inscrición: SERRALLO / SIERRA-BULLONES / TORRE-MARTIN / LOS CASTILLEJOS / MONTENEGRON Y ASMIR / CABO NEGRO / KELELI / TETUAN / LARACHA ARCILA / SAMSA / UAD-RAS.
A medalla ten catro apéndices, o superior levaría argola de suspensión sobre coroa que na actualidade non se conserva.
Batalla de Peracamp
Anverso: No interior dunha coroa de loureiro e aciñeira, panoplia e símbolos militares tras unha cartela oval coa inscrición: BATALLA DE PERACAMP.
Reverso: No campo, inscrito nun círculo, as iniciais entrelazadas Y L; á esquerda, 24 y 28; á dereita, 1840, debaixo, ABRIL.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Anverso: * ALFONSO XII * A LOS EJERCITOS VENCEDORES DE LOS CARLISTAS / Y DEFENSORES DEL ORDEN SOCIAL EN 1873 Y 1874.
Cabeza de Afonso XII, á esquerda.
Reverso: No campo, inscrición: VALOR / DISCIPLINA / LEALTAD, dentro dunha láurea e coroa real.
Ten apéndice para argola de suspensión.