Sen título (CE005095)

Sen título (CE005095)
Sen título (CE005095)
Autores/as
Lavy
Comentario

Cabeza de Bonaparte de perfil á esquerda concibido como Augusto. Lenda

Sen título (CE005093)

Sen título (CE005093)
Sen título (CE005093)
Autores/as
Dassier, Jean
Comentario

Busto de tres cuartos de Samuel Clarke á dereita. Lenda

Sen título (CE005092)

Sen título (CE005092)
Sen título (CE005092)
Autores/as
Brenet
Comentario

As pirámides exipcias de Gizeh cun minucioso almofadado. Inscripción no exergo

Sen título (CE005054)

Sen título (CE005054)
Sen título (CE005054)
Comentario

Bloque granítico, con dobre fóculo de forma circular sobre unha cornixa. As caras laterais non son paralelas, e a base algo descoidada, foi labrada probablemente para ser encaixada. Presenta unha incisión rectilínea no seu eixe vertical que divide á peza en dúas metades case simétricas, como se de dúas aras xemelgas se tratase. Inscrición en catro liñas.

Lauda funeraria de María

Lauda funeraria de María
Lauda funeraria de María
Comentario

Bloque granítico de grao fino e forma trapezoidal que estreita cara os pés .Na parte superior da peza, ben traballada, ao igual que os laterais, por contraposición coa parte inferior a penas desbastada, ten un baquetón inciso que a contorna e no seu interior destaca o relevo dunha cruz patada, algo deforme, de brazos sensiblemente iguais a partir dun disco central, e unha inscrición, incisa, que se desprega en sentido lonxitudinal a partir da cruz, en cinco liñas de tamaño irregular.

A primeira liña está subliñada por una raia incisa que se bifurca na parte final, aínda que poderiamos pensar que en parte corresponde á indicación das abreviaturas da liña inferior. Trátase dunha lauda funeraria para inhumación infantil que constitúe unha das mostras máis antigas na que se recoñecen fórmulas de filiación en galego.

O sacrificio de Listra

O sacrificio de Listra
O sacrificio de Listra
Autores/as
Sanzio, Raffaello
Biggi, Angelo
Pasqualoni, Vicenzo
Martini, Michelangelo
Comentario

Este gravado representa O Sacrificio de Listra tomado dun dos cartóns para tapices de Rafael. Na escena San Paulo consegue deter un sacrificio no seu honor por parte da xente que o confundiu con Mercurio despois de ter curado a un coxo.

Baixo a escena principal, que está enmarcada por un reberete con trenza, hai outra dentro dun rectángulo con figuras togadas que suxiren escenas da vida de Cristo e que se sitúan a ambos lados dos leóns centrais enfrontados. Esta estampa está sobre papel de imprimir. Á dereita e en segundo plano, vese a un neno tocando o aulós/frauta dobre. Na parte inferior, no centro, atópase un escudo.

Batalla Ponte Milvio

Batalla Ponte Milvio
Batalla Ponte Milvio
Autores/as
Sanzio, Raffaello
Biggi, Angelo
Pasqualoni, Vicenzo
Martini, Michelangelo
Comentario

Neste gravado represéntase a Batalla da Ponte Milvio tomada do fresco de Rafael do mesmo nome. Este fresco atópase na cuarta sala dos palacios Vaticanos de Roma, a sala de Constantino. Representa a vitoria de Constantino sobre Maxencio na zona da ponte Milvio (actual "ponte Molle"). Certos detalles foron tomados dos relevos da Columna Traxana. É unha estampa pegada sobre papel de imprimir.

A conversión de Saulo

A conversión de Saulo
A conversión de Saulo
Autores/as
Sanzio, Raffaello
Biggi, Angelo
Sereni, Giuseppe
Langer, Teodoro
Comentario

Representa A Conversión de Saulo que é un dos cartóns que Rafael realizou para tapices. O episodio procede dos Feitos dos Apóstolos (IX 3ss.). O momento no que Xesús se lle aparece a Saulo en forma de feixe de luz derribándoo do cabalo.

Baixo esta escena, que está enmarcada por un reberete de motivos trenzados, hai outra dentro dun rectángulo: homes a cabalo, con indumentaria romana parecen perseguir a homes, mulleres e nenos a pé.

Centrado na parte inferior do gravado aparece un escudo.

É unha estampa pegada sobre papel de imprimir.

O gravado pertence á colección de vintetrés laminas con reproducións de cadros de Rafael que eran propiedade de Teresa Cerdá y de Esquizábal e que foron donadas por esta o Museo.

A resurrección

A resurrección
A resurrección
Autores/as
Garelli, Luigi
Lorenzo, Tommaso di
Sanzio de Urbino, Rafael / Rafael
Biggi, Angelo
Comentario

Representación da resurrección, fresco dunha das bovedillas das estancias do Vaticano, pintado por Rafael, onde aparece a figura de Cristo á saída do sepulcro ante os soldados.

O gravado está enmarcado por un reberete decorado baixo o cal aparecen as inscricións. Por baixo e na parte central aparece un escudo.

É unha estampa pegada sobre papel de impresión.

Sen título (CE004894)

Sen título (CE004894)
Sen título (CE004894)
Comentario

Vasilla de base plana e pé pouco desenvolvido, corpo globular e colo alto e estreito, con bordo que se exvasa lixeiramente. Tiña asa ensamblada, da que queda a marca, que debía alcanzar hasta a parte baixa da boca. Está decorada con tres liñas incisas horizontais no colo, e no corpo con unha triple banda de liñas horizontais en cor viño dentro das que leva unha liña ondulada, a man alzada, no mesmo ton.