Sen título (CE005608)
Anverso: [...]GVSTI[...]
Cabeza laureada de Galba á dereita.
Reverso: [L]IBERTA[S PVBLICA]
Liberdade de pé á esquerda. Leva un cetro na man esquerda e píleo na dereita. S-C.
Sen título (CE005607)
Anverso: IMP NERO CAESAR AVG P MAX TR PPP
Cabeza laureada de Nerón á dereita.
Reverso: Incuso.
Sen título (CE005606)
Anverso: [...] AR AVG GER PM T[...]
Cabeza laureada de Nerón á dereita.
Reverso: Frustro.
Sen título (CE005605)
Anverso: TI CLAVDIVS CAESAR AVG PM TR P IMP
Cabeza núa de Claudio á esquerda.
Reverso: L[IBE]RTAS AVGVSTA
Liberdade de pé á dereita, co brazo esquerdo estendido e suxeitando coa man dereita o píleo. S-C.
Sen título (CE005604)
Anverso: [TI CLAV]DIVS CAES[AR AVG PM TR P IMP]
Cabeza núa de Claudio á esquerda.
Reverso: Frustro.
Sen título (CE005361)
Punta de lanza ou puñal de base en lingüeta rectangular simple, sen rebordos, con dous buratos circulares para fixar o encabamento mediante remaches de sección lenticular. A folla lanceolada presenta unha nervadura central por ámbalas dúas faces, aínda que o seu eixo lonxitudinal está torto. A sección da folla é de tendencia romboidal, e os gumes son grosos sen rebaixes. A superficie da peza está regularizada. Conserva parte dun remache, semella que de ferro, no interior dun dos buratos da lingüeta. Polo grosor da folla e dos fíos considérase máis lanza que puñal. Presenta un puído metalográfico na fractura da folla. A peza é coñecida como puñal de O Picote.
Sen título (CE005360)
Punta de lanza de base tubular para o seu encabamento mediante a insercción dun vástago. A base é conica presenta dous buratos ben conformados de posición lateral para a fixación do vástago. A folla é lanceolada e alargada por ámbalas dúas faces. Presenta unha nervadura central acusada que forma aresta. A folla non presenta rebaixe nos fíos. A sección é circular na base e romboidal na folla, co nervio destacado. Gume adelgazado.
Sen título (CE005359)
Punta de lanza de base tubular para o seu encabamento insertándo un vástago no seu interior. Presenta un forte nervio central por ámbalas dúas faces feita por dous acanaladuras lonxitudinais. A folla é lanceolada e alongada, ensanchándose no primeiro tercio da súa lonxitude a partires do arranque da base.
Sen título (CE005243)
Ara en forma de bloque paralelepípedo, con fóculo de perfil circular. O granito é de boa calidade, pero ten numerosos repicados. Inscrición en tres liñas
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Anverso: IMP NERVA CAES AVG PM TR P COS III P P
Cabeza laureada de Nerva á dereita.
Reverso: PAX [A]VG
Paz sentada á esquerda, con ramo e cetro. No exergo, S-C.