Data de nacemento
17/04/1788
Lugar de nacemento
Portas (Caldas (comarca))
Data de defunción
24/10/1866
Lugar de defunción
Cuntis (Caldas (comarca))
Biografía
Ilustrado, matemático, político e xeógrafo; autor do primer mapa topográfico e científico de Galicia. Gran parte da súa vida estivo vinculado á Universidade de Santiago de Compostela. En 1811 substituíu s como docente ao catedrático de Retórica e Belas Artes e no curso 1813-1814 ao de Lóxica e Metafísica. En 1811 foi profesor de Inglés e Francés na Escuela Militar del VI Ejército. En setembro 1813 obtivo o título de Licenciado en Filosofía, así como o de Licenciado en Artes. No curso 1814-15 substitutuíu ao catedrático de Matemáticas Sublimes, función que seguirá exercendo ata 1818, ano no que é nomeado Presidente de la Academia de Filosofía. En 1817 inicia la que será su Carta Geométrica de Galicia, traballo que rematará no 1834, aínda que a súa impresión no acontecerá ata 1845. En 1818 ocupa a cátedra de Física Experimental.
Foi nomeado Catedrático de Xeometría, Mecánica e Delineación, aplicacións ás Artes na Escuela especial de la Sociedad Económica de Santiago. No 1834, tamén fui nomeado pola Raiña Director do Observatorio Astronómico de Madrid. Foi elexido diputado polo Partido Liberal Moderado pola provincia de Pontevedra no ano 1836, ocupando este posto ata 1843.