Ediciones Arribas

Biografía

Arribas estableceu un perfecto modelo de negocio co que en pouco tempo logrou obter unha gran cantidade de material gráfico que posteriormente empregaba para a edición de tarxetas postais. Este modelo consistía en pórse en contacto cos fotógrafos máis representativos de cada cidade que visitaba e mercarlles negativos que xa tiveran feitos, ao tempo que lles encargaba novos negativos de lugares descoñecidos e posteriormente vendíalles aos mesmos fotógrafos postais editadas por Ediciones Arribas utilizando os seus negativos.

Roisin, L.

Biografía

Destacou como fotógrafo documental e turístico. Tras recorrer todo o país aséntase en Barcelona sobre 1912 traballando para o impresor Beltrán. Máis tarde abriu o establecemento Casa Postal na Rambla de Santa Mónica e dedicouse a editar e vender tarxetas postais de vistas, tipos e costumes. Despois do seu falecemento en 1943, o seu sobriño cambiou a marca por Sobrino de L. Roisin, mantendo o negocio aberto ata 1962.