Iglesias Rivera, José Ramón

Data de nacemento
09/05/1939
Lugar de nacemento
Coruña (A) (m)
Data de defunción
07/01/2016
Lugar de defunción

Coruña (A) (m)
Biografía

1970: Presentación de "Galicia Artística e Monumental" nos centros galegos de Barcelona, Xenebra, Zaragoza, Montevideo e Bos Aires.
1975: Realización do orixinal para os reis no contexto do V Congreso Nacional de Patología.
1977: Diseño da Medalla Conmemorativa do I Centenario do Porto de A Coruña.
1976-1980: Diseño do Libro de Oro e dos debuxos para a "Historia de La Coruña"
1990: Decoración do hotel Finisterre en A Coruña.
1991: Decoración da Sede de la Delegación de la ONCE de Pontevedra, A Coruña e Lugo.
1995: Decoración do Balneario de Arnoia.
2013: Realización do orixinal para a Autoridade Portuaria co gallo da inauguración do Porto Exterior da Coruña.
2015: Debuxa o Pergameo conmmemorativo para Isaac Díaz Pardo.

Le Rouzic, Zacharie

Data de nacemento
24/12/1864
Lugar de nacemento
Francia
Data de defunción
15/12/1939
Lugar de defunción

Francia
Biografía

Excavador de Carnac. As súas fotografías empregáronse para editar cartas postais

Marín Chivite, Miguel

Data de nacemento
1900
Lugar de nacemento
Calahorra
Data de defunción
1978
Lugar de defunción

Zaragoza
Biografía

En Zaragoza coñece a fotografía profesional no Estudio Foto Muro e co alemán Enrique Ducquer, que viviu en Zaragoza desde 1912. A partir de 1925 forma parte do Heraldo de Aragón, como xefe de fotógrafos. Asistía regularmente á feira Fotográfica de Frankfurt. Traballou como fotógrafo industrial e reporteiro gráfico de numerosos acontecementos.

Schreck fotógrafos

Biografía

Ernesto Schreck Schültz natural de Alemania, establécese en Ourense en 1922, no estudo de fotografía que fora de Samaniego e onde permanece actualmente na rúa de Alejandro Outeiriño.Na década dos cincuenta incorpórase ao negocio o seu fillo Ernesto Schreck Muro. A terceira xeración, con Ernesto Schreck Mata, mantén aberto ho xe o estudo.

Fototipia Thomas

Biografía

Joseph Thomas i Bigas (Barcelona, 1852 - Berna (Suiza), 1910) funda en 1880 a Fototipia Thomas. Foi impresor de libros e revistas de arte, sendo en ocasións tamén editor.
A Fototipia Thomas anunciábase como empresa dedicada á realización de reproduccións artísticas con grandes talleres de heliograbado, fototipia, litografía e fotocromotipografía. Colaborou en libros e revistas de arte.
Outra das liñas de traballo sería desde 1901, a edición de tarxetas postais ilustradas con fotografías, que nun principio de temas locais. A partir de 1905, Thomas publica coleccións de tarxetas de distintos puntos da xeografía española. Vistas de cidades, paisaxes urbanas, grandes obras de enxeñaría, e o patrimonio histórico artístico. Á morte de Thomas seguiu funcionando co nome de Hijos de J. Thomas.Despois da Guerra Civil, a actividade empresarial decae, ata o peche nos anos sesenta.