Sen título (CE000030)

Sen título (CE000030)
Sen título (CE000030)
Comentario

Neste relevo de discutida interpretación, vense tres figuras, a central en posición frontal, posible representación de Xesús, está colocada detrás dun elemento cúbico, e, a ambos lados, dúas figuras de perfil. A da súa dereita diríxese cara á central, mentres que a da esquerda caréase contra o extremo da peza a fin de recoller o incenso que trae un anxo que aparece esbozado no extremo superior esquerdo e ao que só se lle ven unhas pequenas ás.

Maila pervivencia dos marcos e da rudeza plástica das figuras, que reducen os trazos dos seus rostros a meras incisións, sen distintivos persoais e con sinxelas vestimentas de pregados rectos, obsérvase unha evolución na concepción plástica das mesmas grazas ao volume que parece xurdir do fondo do plano e do modelado, representando a total superación da labra a bisel da escultura precedente.

Sen título (CE000028)

Sen título (CE000028)
Sen título (CE000028)
Comentario

É un cipo moi mutilado na parte superior. Afortunadamente a inscrición non padeceu máis que na "S" inicial da última liña, que desapareceu case por completo. A base frontal da peza está totalmente repicada. O epígrafe desenvólvese en seis liñas.

Sen título (CE000026)

Sen título (CE000026)
Sen título (CE000026)
Comentario

Placa de forma cadrada, fragmentada en tres partes horizontais case iguais, con inscrición en seis liñas. No extremo inferior dereito fáltalle un anaco triangular.

Sen título (CE000021)

Sen título (CE000021)
Sen título (CE000021)
Comentario

Capitel de columna encostada, feito dunha soa peza, con cesto troncopiramidal, de coidada labra e considerables dimensións. Decorado en cada unha das tres caras por cadanseu grifón, de estilizados pescozos que volven a cabeza peteirando nas súas ás. O colariño, aparentemente oculto, como ocorre noutras pezas deste tipo, aparece ben definido baixo as patas e as garras dos animais que o cobren parcialmente. A peza, que carece de ábaco e cimacio, está labrada con gran detalle, sinalando as plumas enconchadas de aguia e enormes esporóns das patas dianteiras, as garras de león nas traseiras e o rabo que cruza por enriba do lombo. Conserva restos de policromía en branco e vermello.

Sen título (CE000018)

Sen título (CE000018)
Sen título (CE000018)
Comentario

Fragmento de friso decorado cun motivo de entrelazo conseguido por medio de dous baquetóns lisos e paralelos que conforman cadrados cos lados lixeiramente curvados cara ao interior, colocados sobre un dos ángulos e entrelazados desde o centro polo seguinte; remata cun triángulo coa base esaxeradamente curva para permitir o entronque co primeiro dos cadrados. Todos os espazos baleiros están ocupados por un resalte hemisférico. Esta decoración central vai enmarcada por senllos cordados en espiña de peixe.

A execución é complexa, coidada e con moi bo relevo.

Sen título (CE000017)

Sen título (CE000017)
Sen título (CE000017)
Comentario

Fragmento de modillón do que só se conservan dous lóbulos convexos, sendo estes os máis achegados ao baquetón superior tal como se pode percibir pola forma da curva que neles se desenvolve. Ámbolos dous están labrados a bisel nas dúas caras: o primeiro ten unha roda helicoidal con cinco raios curvos en movemento sinistrorso e cunha roseta de seis pétalos o segundo. Non se conserva a segunda parte do modillón empregada para empotrar no muro.

Sen título (CE000014)

Sen título (CE000014)
Sen título (CE000014)
Comentario

A estrutura xeral deste capitel é de orde corintia. O cálatos presenta a sucesión normal de dúas coroas de follas de acanto, bastante ríxidas e que configuran case a totalidade do capitel. As follas da primeira coroa son máis esquematizadas, sen que sexa posible apreciar demasiado nelas a articulación dos lóbulos que as constituirían. As follas da segunda coroa, de maior proporción e máis amplas, teñen unha disposición trilobulada das follas, pois a parte superior central das mesmas está percorrida verticalmente por unha estreita nervadura central, avultada, trazada de maneira basta e pouco efectista, aínda que se disculpa coa decoración central das follas mediante incisións dispostas de maneira simétrica a modo de palmeta e pequenos puntos de trépano. As follas de acanto que constitúen ámbalas dúas coroas, están bastante adheridas ao cálatos, afastándose soamente no ápice da folla que ten forma redondeada, dando unha sensación de labra de contornos redondeados, non logrando evadirse por completo do concepto de bloque. A parte inferior cilíndrica do capitel está labrada e adornada con debuxos e con motivos xeométricos e un talo ondulante a modo de follas ou zarcillos aínda que sexa de maneira simple ou esquematizada, pero de pleno sabor orientalizante e tamén de pequenos puntos de trépano. Carece de colariño funicular tan peculiar e común nos capiteis mozárabes.

Sen título (CE000012)

Sen título (CE000012)
Sen título (CE000012)
Comentario

Arranque dunha posible padieira ou friso, decorado cun motivo de entrelazo realizado por medio de tres baquetóns paralelos, que loxicamente continuarían ao longo da peza. Os círculos centrais, tamén resaltados, teñen un punto inciso no medio. O motivo está enmarcado por un baquetón liso e irregular en anchura, por tres dos seus lados.

A realización e a conservación do entrelazo é boa, non así a da moldura circundante, moi irregular e deteriorada.

Sen título (CE000011)

Sen título (CE000011)
Sen título (CE000011)
Comentario

Capitel exento de columna; o seu cálatos, de rebaixe troncocónico, está repicado na súa metade inferior, o que non impide apreciar a beleza da escena que se narra na metade superior, posiblemente unha representación da Santa Cea. Os personaxes, de suave modelado e de atrevido concepto lumínico, preséntanse de frente, e todos eles de medio corpo. A escea principal está presidida por Cristo cun nimbo crucífero e, en actitude de bendecir, arroupado por dous dos apóstolos. A zona entre Xesús e o da esquerda, espacio hoxe desfeito, puido estar no seu día ocupada pola figura de San Xoán. O resto do apostolado, formando grupos de tres, enxornan os outros lados do capitel, estando os do lado oposto á escea principal totalmente deteriorados. A transición ao ábaco, de sección cadrangular, faise por medio de follas carnosas naturalistas en cada unha das esquinas, e por medio dun plano circular que sobresae lixeiramente do ábaco.

Sen título (CE000010)

Sen título (CE000010)
Sen título (CE000010)
Comentario

Cipo prismático de sección cadrada, con inscrición en seis liñas.Todos os seus lados están repicados, o frontal, na parte superior do seu lado esquerdo.