Sen título (CE000250)
Tarro de botica en forma de albarelo, con estreitamento no centro do corpo e co pé e gollete indicados. Decoración pintada en azul cobalto baixo a carena da peza. Motivo heráldico con coroa e lambrequines. No campo do escudo, anagrama xesuítico con inscripción, cruz e tres pequenas frechas.
Sen título (CE000249)
Tarro de botica en forma de albarelo. Paredes cilíndricas con estrechamiento no centro do corpo. Pé indicado e borde recto. Decoración en azul cobalto co escudo do mosteiro de Celanova baixo capelo, de inxenuo debuxo. No campo do escudo figura a cruz patada, atravesada polo báculo e a espada. O alfa semella, pola súa ubicación, o elemento de sustentación da cruz, localizándose a omega no centro da mesma. Motivos avultados baixan do timbre a ambos lados do escudo.
Sen título (CE000248)
Orza de corpo globular de pé indicado e gollete corto. Decoración en azul cobalto con escudo do Mosteiro de Celanova baixo capelo e borlas abaciais. No campo, cruz patada con alfa e omega rodeado de lambrequines.
Sen título (CE000246)
Parella de tarros de botica de forma cilíndrica, con borde e pé indicado, sendo este de maior diámetro. En decoración policroma, motivo de guirnalda suxeita por anilla dunha faixa. Na base, faixas amarela e alaranxada con líneas en zigzag negras e verdes. Sobre cenefa das faixas inscripción en negro.
Sen título (CE000245)
Cántaro de corpo globular, pé troncocónico e borde curvado hacia o exterior, con dúas asas, unha delas rota. Decoración en azul cobalto: baixo arco, emblema do escudo de Oseira, con dous osos rampantes de pelaxe raiado, sobre tronco de árbore de frondosa copa e de inxenuo debuxo. O resto da superficie do cántaro decórase con bandas de distintos motivos. No pé, banda con decoración xeométrica de liñas en zigzag. Na banda central, dúas cenefas con follas de acanto con rosetas soltas sobre fondo azul. No borde, cenefa de motivos avultados con flores en forma estrellada. Asas con línea no centro e raiado. A decoración compartimentada xeométricamente manifesta un horror vacui sen deixar espacio vacíos, acorde co gusto deciochesco.
Sen título (CE000244)
Orza de corpo globular, base plana sen indicar e gollete corto. Decoración en azul cobalto. Baixo arco peraltado, blasón do escudo de Oseira con dous osos rampantes sobre tronco de árbore. O resto da superficie se decora con ramos florais en disposición vertical e abigarrada.
Sen título (CE000243)
Tarro de botica en forma de albarelo con pé e borde indicado. Decoración pintada sobre verniz, en azul cobalto. Baixo arco peraltado figura o emblema do escudo de Oseira, con dous osos rampantes sobre o tronco dunha árbore de frondosa copa e de inxenuo debuxo. O resto da superficie do albarelo decórase con follas de acanto en sentido inverso e disposición vertical. Sobre a carena do borde, cenefa de semicírculos concéntricos.
Sen título (CE000242)
Orza con corpo globular e vinca curta. Decoración en azul cobalto con brillante verniz, presentando un motivo heráldico de escudo timbrado con coroa aberta con diademas e follas de acanto. No campo do escudo, cuartelado en cruz, figuran leóns rampantes e castelos. Na base da orza hai unha cartela epigráfica.
Sen título (CE000241)
Albarelo de pé e boca indicados, con paredes cilíndricas con estreitamento no centro. Decoración en azul cobalto representandio un escudo timbrado con capelo e borlas. Non segue a ortodoxia da heráldica eclesiástica. No campo do escudo, árbore central de frondosa copa. A ambos lados, dúas flores en forma de campaíña.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 190
- 191
- 192
- 193
- 194
- 195
- 196
- 197
- 198
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Tarro de botica en forma de albarelo, corpo cilíndrico con estreitamento no centro do corpo, pé e gollete indicados. Decoración pintada en azul cobalto con motivo heráldico timbrado con coroa pechada con diademas, sen observar a ortodoxia da dignidade que representa. Leva follas de acanto flanqueando o escudo. No campo figura un león rampante.