Sen título (CE000271)

Sen título (CE000271)
Sen título (CE000271)
Comentario

Vaso de paredes rectas e fondo hemiesférico. Acabado todo con sinais dixitais.

Sen título (CE000270)

Sen título (CE000270)
Sen título (CE000270)
Comentario

Peto de pasta gris, de forma esférica e de corpo baixo, cunha rañura lateral e aberta pola parte superior. Está decorada na metade da panza cun cordón inciso de ungulacións. Na base presenta unhas pequenas perforacións.

(Rañura: lonxitude 2,6 cm).

Sen título (CE000269)

Sen título (CE000269)
Sen título (CE000269)
Comentario

Vaso de bordo e paredes rectas e altas con base hemiesférica. Reintegrada.

Sen título (CE000268)

Sen título (CE000268)
Sen título (CE000268)
Comentario

Vaso reconstituído que responde a un cazolo de base semiesférica, colo pouco acusado e bordo revirado (1.5 cm de ancho). Carente de decoración. Presenta un asa en cinta.

(Asa: altura 6; anchura 3 e grosor 1,20 cm).

Sen título (CE000267)

Sen título (CE000267)
Sen título (CE000267)
Comentario

Vaso reintegrado a partir de anacos do borde, colo e comezo do corpo, e parte do fondo. Se trata dun vaso con boca de borde recto, colo alto de perfil suave, corpo ben desenvolto e fondo semiesférico. Presenta un acabado pulido e decoración xeométrica en tres bandas horizontais diferenciadas, cun puntillado fino e regular, posiblemente feito con roda. A decoración disponse soamente por baixo do borde, na parte máis estreita do colo e no comezo do corpo, e non parece que continuara cara o fondo, que é liso.

Sen título (CE000265)

Sen título (CE000265)
Sen título (CE000265)
Comentario

Vasilla de fondo plano, corpo globular e colo estreito. Conserva o arranque dunha asa na parte alta do corpo que chegaría, supoñemos, á boca. Debaixo do arranque da asa ten unhas liñas incisas formado un reticulado. A pasta é ocre, coa superficie exterior avermellada e castaña no interior.

Sen título (CE000264)

Sen título (CE000264)
Sen título (CE000264)
Comentario

Xerra reintegrada a partires do colo/borde e parte do fondo. Presenta unha liña composta, co fondo plano, corpo acentuado, colo alto e bordo recto. Presenta un asa fina (unha interpretación na reintegración?). Acabado homoxéneo.

(Asa: altura 4,4; anchura 1,3 e grosor 1 cm).

Sen título (CE000262)

Sen título (CE000262)
Sen título (CE000262)
Comentario

Vaso de bordo e paredes rectas con base hemiesférica. Reintegrada.

Sen título (CE000259)

Sen título (CE000259)
Sen título (CE000259)
Comentario

Floreiro de corpo globular, pé sen indicar, alto pescozo de borde moldurado ao exterior e dobres asas pegadas ao corpo, rematadas con volutas. Cuberto de dourado en todos os seus elementos, presenta unha escena de ambientación e personaxes mouriscos en vivas cores: interior palaciano, distribuído en dous mediante unha columna, con cortinado despregado e paisaxe ao fondo. Sobre unha alfombra, mouro sentado e ante el unha figura de moura, ámbolos dous ataviados á usanza.

Salvadera

Salvadera
Salvadera
Autores/as
Real Fábrica de Sargadelos
Comentario

Bote cilíndrico moldurado nos extremos. Na zona superior, doble concavidade: na interior con buratos para reposar o coador do té. No corpo do bote, paisaxe imaxinario, con damas e cabaleiros ensinando as arquitecturas clasicistas da outra beira do estanque. Na zona superior, grilanda alternando feixes de flores con follas como orla. Na concavidade central, paisaxe imaxinario con dama contemplando cisnes nun estanque con arquitectura na outra beira. A época da peza inscríbese na 3ª época de Sargadelos na serie "Paisaxes Imaxinarios"