Sen título (CE000325)

Sen título (CE000325)
Sen título (CE000325)
Comentario

Puñal de base recta con dous orificios para o seu encabamento mediante remaches. Folla irregular plana. Os buratos, cadrados, están dispostos diagonalmente á base. A súa situación asimétrica e o mal estado da folla poderían indicar o aproveitamento dunha folla anterior.

Sen título (CE000324)

Sen título (CE000324)
Sen título (CE000324)
Comentario

Punta de frecha de base pedunculada con tope e aletas. Pedúnculo aguzado. Sección lenticular.

Sen título (CE000323)

Sen título (CE000323)
Sen título (CE000323)
Comentario

Barra alongada cun estreitamento na base e suco lonxitudinal nunha das faces. A sección é ovoide, máis estreita na base.

Sen título (CE000322)

Sen título (CE000322)
Sen título (CE000322)
Comentario

Machado de talón biface cun só anel de posición alta. A folla presenta un nervio central e os laterais teñen rebordos.

Sen título (CE000321)

Sen título (CE000321)
Sen título (CE000321)
Comentario

Machado bifacial de talón con dous aneis de posición baixa. O talón ten rebordos, e, en sección, o tope do talón é máis destacado por unha das faces que pola outra. A folla presenta tres nervios. Está ben rematado, aínda que non foron retiradas as rebarbas nos aneis nin nas xuntas das valvas. Semella que a colada non foi dabondo, segundo mostran os buratos da parte superior do talón. Tamén podería ser que quedaran a simple vista como resultado do golpe asestado para retirar o cono de fundición.

Sen título (CE000320)

Sen título (CE000320)
Sen título (CE000320)
Comentario

Machado bifacial de talón con dous aneis de posición alta. A folla é biselada cun bisel dobre. A peza conserva as marcas da unión das valvas sen puír. Un dos aneis non foi furado. Aínda que o talón está fracturado e incompleto, parece ser que este tipo de machado sempre ten aparecido con cono de fundición.

Sen título (CE000318)

Sen título (CE000318)
Sen título (CE000318)
Comentario

Machado bifacial de talón/tope, con dous aneis de posición media e folla lisa

Sen título (CE000317)

Sen título (CE000317)
Sen título (CE000317)
Comentario

Machado de talón bifacial con dous aneis de posición intermedia. A folla presenta un nervo central e rebordos laterais. Presenta algúns poros de desgaste. A parte interior dos aneis non está ben furada.

Sen título (CE000316)

Sen título (CE000316)
Sen título (CE000316)
Comentario

Machado plano de talón truncado, perfil trapezoidal e lados cóncavos. O gume, aínda que está desgastado, foi destacado e biselado. A sección é rectangular máis adelgazada no talón.

Sen título (CE000315)

Sen título (CE000315)
Sen título (CE000315)
Comentario

Machado plano de talón truncado, perfil trapezoidal e lados rectos. Sección rectangular. Gume lixeiramente destacado.