Sen título (CE000353)
Escultura de vulto redondo que representa unha á dereita en posición de repouso, coa plumaxe tratada con minuciosidade naturalista. Tanto as plumas remeiras como as plumas de cobertura están perfectamente marcadas, mediante pequenas incisións oblicuas. Si se fai unha comparación entre o tratamento do plumaxe das dúas ás advírtese un tratamento distinto, xa que a pesar da súa semellanza, fundíronse en moldes diferentes.
Trátase dunha peza singular pola súa excepcional calidade.
Mercurio
Figúrase a Mercurio na forma habitual, como un adolescente, de pé, practicamente nu, apoiado sobre a perna dereita e lixeiramente flexionada a esquerda. O corpo, levemente contorsionado, sinala os detalles anatómicos, máis pormenorizados na súa parte frontal. Leva a clámide colgada sen ningún tipo de suxeición sobre o ombreiro esquerdo e recóllea dende atrás no brazo do mesmo lado en tres grosos pregamentos. O brazo dereito sepárase do seu costado, portando na man a clásica bolsa ou marsupio de forma trilobular, símbolo da actividade comercial. O brazo esquerdo, en postura semellante ao anterior, deixa advertir na súa man o lugar no que encaixaba o desaparecido caduceo que porta Mercurio como mensaxeiro dos deuses, sendo á vez símbolo da paz ou das conciliacións. A cabeza tóucase cun amplo petasos alado que cobre toda a parte posterior ata a caluga, mentres na parte dianteira asoman ensartados guechos que deixan a fronte semioculta. No alto do petasos, entre as dúas ás, hai un pequeno orificio case redondo, do que non está clara a súa funcionalidade. O rostro, algo deteriorado, ten perforado o círculo da pupila dos ollos, as pálpebras fortemente marcadas e sinaladas as comisuras da boca.
A figura é boa de proporcións e modelado, estando en xeral ben executada aínda que descoida un tanto os detalles. Presenta tamén certas imperfeccións debidas á fundición, observándose abundantes orificios na superficie da peza, produto das burbullas de aire.
A figura perdeu os pés, o remate da clámide, a á dereita do petasos e o caduceo.
Mercurio aséntase sobre unha base ou plataforma circular formada por unha lámina de bronce de borde dentado, orlada por tres flores de lis e elevada sobre dous cans -fáltalle un terceiro- que a suxeitan coas súas patas dianteiras. No centro da base obsérvanse as pegadas duns pés, o cal indica que sustentaría unha pequena escultura.
Sen título (CE000332)
Puñal de base e lingüeta rectangular de lados cóncavos, con rebordos para axustar o encabamento. A folla é triangular cun lixeiro alargamento preto da base. O fío está conformado por un marcado rebaixe a dobre bisel, que se une na punta compoñendo unha decoración, e marcando unha meseta na parte central da folla. A sección é lenticular con lados en chafrán, excepto na lingüeta, onde destacan os rebordos.
Sen título (CE000331)
Puñal de base semicircular con polo menos dous orificios para o seu encabamento mediante remaches. Folla circular con ensanchamento na base, de lados cóncavos e fíos biselados. A sección é lenticular plana cos bordos rebaixados. Os buratos son de tendencia cadrada.
Sen título (CE000330)
Puñal de base recta con dous orificios para o seu encabamento mediante remaches. Presenta unha folla triangular irregular, con lixeiro engrosamento da sección, lenticular cara o centro. Os buratos son de tendencia ovalada. A disposición asimétrica dos fíos suxire o reaproveitamento da folla.
Sen título (CE000329)
Puñal de base recta con dous orificios perforados para o seu encabamento mediante remaches. Folla triangular de lados lixeiramente cóncavos na base. Presenta un acusado nervio central, polo que a súa sección é lenticular grosa. Os buratos, cadrados, están dispostos diagonalmente á base. O nervio parte dunha meseta central triangular na base.
Sen título (CE000328)
Puñal de base recta con dous orificios perforados para o seu encabamento mediante remaches, dos que se conserva un. A base destácase en sección e está ben delimitada. O resto da folla é triangular de sección lenticular máis plana que na base e está biselada. Os buratos teñen tendencia cuadrangular do mesmo xeito que o remache conservado, no que a cabeza distínguese pouco do resto do corpo.
Sen título (CE000327)
Puñal de base triangular, con dous orificios perforados para o seu encabamento mediante remaches. Folla triangular cos lados rectos e os fíos biselados, de sección lenticular plana. Os buratos son ovalados e irregulares.
Sen título (CE000326)
Puñal de base recta con restos de orificios para o seu encabamento mediante remaches. Folla triangular cun lixeiro engrosamento preto da base, de sección lenticular. Fíos biselados. A situación periférica dun orificio e a irregularidade do seu contorno poderían indicar o reaproveitamento da folla.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Escultura de vulto redondo que representa unha á esquerda en posición de repouso, coa plumaxe tratada con detallismo naturalista. Tanto as plumas remeiras como a penuxe e o plumón ou plumas de cobertura están perfectamente marcadas, mediante pequenas incisións oblicuas a ámbolos dous lados do canón central. Si se fai unha comparación entre o tratamento do plumaxe das dúas ás advírtese un tratamento distinto, xa que a pesar da súa semellanza, fundíronse en moldes diferentes.
Trátase dunha peza singular pola súa excepcional calidade.