Sen título (CE000486)
A morfoloxía xeral é rectangular cunha zona activa convexo-asimétrica, as caras son lixeiramente sinuosas (unha recta e outra convexa), os lados son rectos (inda que levemente alombados) e as arestas paralelas son rectas. No que atangue aos extremos, a parte distal amosa un fío desenrolado (tendente a circular), mentres que o extremo oposto presenta un talón recto irregular tanto na vista frontal como na lateral. Na peza tamén se observan alteracións, como un macrodesgaste propio da acción mecánica no seu uso, así como un desgaste propio da manipulación postdeposicional que se evidencian en forma de rabuños. Esta última afección facilita a observación da cor natural da materia prima baixo a pátina de envellecemento. Esta superficie é opaca e, salvo nas dúas caras e no talón que é parcial, o puído ten unha extensión moi regular que amosa un brillo sedoso xunto cunha textura fibrosa de cores escuras (azul, cincenta e marrón escura). A diferente morfoloxía das caras podería estar en relación co tipo de mango, é dicir coa función, a ergonomía e a cinemática do machado.
Sen título (CE000485)
Fragmento de folla laminar que carece de retoque e conserva evidencias da percusión da base de extracción do núcleo nun dos seus extremos, isto é, o bulbo e parte do plano de percusión. A morfoloxía xeral da peza é subrectangular cun extremo distal prolongado e asimétrico, a sección é trapezoidal e o perfil cóncavo-convexo. O índice é 3.3 (folla).
Sen título (CE000484)
Fragmento de folla laminar simple. A morfoloxía presenta unha sección trapezoidal e un perfil recto-convexo. Está elaborada sobre un soporte de folla de terceira orde, con fractura proximal, alteración de microlascados concoidais sobre as caras ventral e dorsal, en ámbolos dous fíos. Carece de retoque. Índice: 2.8.
Sen título (CE000483)
Fragmento de lámina de bordo abatido parcial, perfil recto-convexo e sección trapezoidal. Non presenta bulbo e foi extraída do núcleo posiblemente por presión. Na cara ventral presenta ondas de percusión pouco destacadas. Na cara dorsal presenta dúas nervaduras paralelas, un retoque simple profundo, directo, parcial, cunha orientación lateral destra e que só afecta á zona medial. Así mesmo, amosa unhas alteracións de microlascados concoidais sobre as caras ventral e dorsal de ambos gumes. Por último a superficie xeral é lisa de cor branca tenue e brillo tenues.
Sen título (CE000482)
Sen restaurarSen restaurarSen restaurarA morfoloxía xeral da peza é apuntada e lixeiramente romboidal. Os bordos son converxentes e lixeiramente cóncavo-convexos (sendo mais pronunciado na parte distal), a base é triangular con aletas cóncavas e truncadas, e a sección é plano-convexa. O retoque é de amplitude fonda, posición bifacial, cubrinte no reverso e monofacial simple no anverso, a delineación é simple, e o modo plano e escamento. Unha das aletas está fracturada e podería conservar restos de córtex. Índices: IL: 2,28 (longa); ILB: 5,18 (curta); IE: 5,5 (alterada).
Sen título (CE000479)
Doa discoidal, translúcida, de cor ámbar claro.
Sen título (CE000474)
A morfoloxía da peza coñécese só parcialmente dado que presenta unha perda de parte importante do seu corpo e da súa base, non obstante pódese sinalar que se trataría dunha peza apuntada, de tendencia triangular. A sección é biconvexa e a tendencia dos bordos é a seren converxentes e convexos. O retoque é de amplitude profunda e sitúase en posición bifacial dos fíos, a delineación é continua/denticulada simple e o modo é plano, marxinal e continuo.
Sen título (CE000473)
A morfoloxía da peza coñécese só parcialmente dado que presenta unha perda de parte importante do seu corpo e da súa base, non obstante pódese sinalar que se trataría dunha peza apuntada, de tendencia triangular. A tendencia dos bordos é a seren converxentes e rectilíneos, e cunha sección biconvexa. O retoque é de amplitude profunda estendéndose por toda a superficie dos fíos laterais e bifacialmente, cunha delineación continua/denticulada simple e un modo plano, marxinal e continuo.
Sen título (CE000472)
Punta de frecha peduncular simple. A morfoloxía xeral da peza é apuntada e de tendencia romboidal. A sección é triangular, a base de lingüeta é cóncava truncada e os bordos converxentes e convexos. O retoque é de amplitude profunda, posición bifacial, delineación continua/denticulada simple e modo cubrinte por ambas caras. Índices IL. 2,45 (longa), ILB. 4,08 (corta), IE. 2,85 (grosa).
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Fragmento de lámina de sección triangular e perfil convexo. Non presenta bulbo.
Na cara dorsal presenta dúas nervaduras paralelas, e na cara ventral presenta ondas de percusión pouco destacadas. As fracturas son proximais e as alteracións que se observan en ámbolos dous fíos das as caras ventral e dorsal son de microlascados concoidais. Por último a superficie xeral é lisa de cor branca tenue con unha motiña laranxa escura e brillo tenue.