Sen título (CE000468)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular, con sección biconvexa aplanada e grosor abatido. Os bordos son converxentes e cóncavo-convexos, e a base é de lingüeta, cóncava con trucadura. O retoque é de amplitude marxinal, cunha posición bifacial, unha delineación denticulada simple e un modo escamento, marxinal e continuo. Índices: IL. 1,82 (media); ILB. 7 (curta); IE. 7,6 (pouco grosa).
Sen título (CE000467)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular, con sección disimétrica e espesura alteada. Os bordos son converxentes e cóncavo-convexos, e a base é de lingüeta, cóncava e presenta un truncamento. O retoque é de amplitude profunda, posición bifacial, delineación continua e modo plano continuo. Índices: IL. 2,19 (longa), ILB. 4,75 (corta), IE. 3,25 (grosa). Presenta dúas seccións que probablemente sexan postdeposicionais.
Sen título (CE000466)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada e lonxínea. Os bordos son converxentes e convexos, a base triangular de extremos rectilíneos e a sección é biconvexa, aplanada.
O retoque é de amplitude fonda, posición bifacial, modo plano, escamento e cubrinte no anverso e invasor no reverso; no caso da delineación, esta é denticulada simple. Índices: IL: 2,72 (longa); ILB: 5 (curta); IE: 4,4 (media).
Sen título (CE000465)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular. Os bordos son converxentes e rectilíneos, a base de lingüeta, cóncava, truncada, e a sección triángulo-convexa. Retoque de amplitude fonda, posición bifacial, delineación denticulada simple e modo escamento, cubrinte no anverso e invasor no reverso. Índices: IL. 2,15; ILB. 5,6; IE. 6,5.
Sen título (CE000464)
Fragmento de folla laminar medial truncada nos seus extremos e con ausencia de córtex. A morfoloxía xeral ten sección triangular e perfil convexo, contando con aresta/crista central parella aos fíos. As fracturas con características pouco diagnósticas tanto nos extremos distal e proximal como nos gumes laterais.
Sen título (CE000463)
Fragmento de folla laminar medial truncada nos seus extremos e con ausencia de córtex. A morfoloxía xeral é trapezoidal, con sección triangular e perfil convexo, contando con aresta/crista central asimétrica con respecto aos fíos laterais. As fracturas con características pouco diagnósticas tanto no extremo estreito como nos gumes laterais.
Sen título (CE000462)
Punta de base triangular con aletas, con plano fondo, bifacial e total. Lados rectilíneos tanto no corpo como na base. Bordos converxentes, recto-cóncavos; base lingüeta, convexa (moi denticulada), sección disimétrica. Índices: IL. 1,55 (media), ILB. 4,25 (corta), IE. 4,50 (media). Retoque de amplitude profunda, posición bifacial, delineación denticulada simple, modo simple, plano e cubrinte.
Sen título (CE000460)
Fragmento de lámina de sección trapezoidal e perfil recto-convexo. Non presenta bulbo pero si dos restos das ondas de percusión da zona bulbar. Na cara dorsal presenta dúas nervaduras paralelas que se unen no extremo distal da peza, e na cara ventral presenta ondas de percusión pouco destacadas. As fracturas son proximais e as alteracións que se observan en ámbolos dous gumes das as caras ventral e dorsal son de microlascados concoidais. Por último a superficie xeral é lisa de cor cincenta con motas brancas e brillo sedoso.
Sen título (CE000458)
A peza conservase completa salvo por dúas escoriacións na zona activa dunha das caras e no fío. A morfoloxía xeral da peza é de tendencia trapezoidal, con sección lateral rectangular, e cara convexa e irregular. Os lados do machado son semirectos, con arestas converxentes curvas, inda que ambas sexan lixeiramente asimétricas. No caso da zona activa e o fío a forma é de tendencia convexa-simétrica. Na vista lateral do lado proximal advírtese que este está truncado, sendo recto na vista frontal. Entre a zona distal e a medial presenta un levantamento concoidal orientado transversalmente ao eixo da peza, que podería ser consecuencia dun impacto por uso ou debido ás condicións de conservación e/ou manipulacións postdeposicionais. Na cara oposta é onde se detecta un maior aplanamento. Nesta mesma cara presenta alteracións na pátina de envellecemento, con falta de material que xunto coas mencionadas escoriacións leva a falar dun patente desgaste. A superficie é opaca, e está puída integramente salvo nos casos citados, amosando un tenue brillo, xunto cunha textura fibrosa con cores de tonalidades escuras (azuis, cincentas e marróns). Índices: IL. 1,60, IA. 1,03, IE. 0,56. Machado tipo II.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Lámina de borde abatido, sen córtex, de sección trapezoidal, perfil convexo, talón plano e facetado, e extraída do núcleo posiblemente por presión. Na cara ventral conserva o bulbo no extremo proximal e ondas de percusión, ambos pouco destacados. Na cara dorsal presenta dúas nervaduras paralelas. Tamén amosa un retoque de modo simple e monofacial na cara dorsal, cunha amplitude angular parcial e irregular, abrupta na zona distal e semiabrupta na zona proximal; delineación continuada; e extensión cubrinte.