Retrato de frei Benito Uría
Representa ó bispo nun interior dignificado por unha cortinaxe verde, que constitúe case todo o fondo, sen apenas volume, deixando un pequeno espazo aberto a unha columna con rocalla. A figura, de tres cuartos, aparece vestida co hábito representativo da súa dignidade, en actitude de bendicir. Rostro sereno e afiados rasgos.
Pai Eterno
Responde a escena á escenografía propia da decoración mural neoclásica, corroborada pola presenza de lunetos con decoración vexetal nos ángulos. Centra a composición o Pai Eterno sobre nubes en actitude de bendecir e co globo terráqueo; rodéano grupos de cabezas de querubíns e anxos nos ángulos inferiores. O lenzo aparece cortado, acusando a falta da escena inferior. A composición resólvese con formas blandas, sinxelo tratamento das ropaxes e cores de suave tonalidade.
Retrato do Padre Feijoo
Retrato do Padre Feijoo representado de tres cuartos, mirando cara o espectador, en actitude de escribir. A figura sitúase sobre un espazo neutro, vestindo hábito resolto como masa de cor oscura, fundida cun fondo no que non existe referencia espacial. Intento de caracterización psicolóxica no rostro, pero de resultado pouco notorio.
Escudo da orde do Císter
Representa o escudo da Orde do Císter, congregación de Castela. O escudo aparece rodeado por borde ornamental de motivos vexetais e o seu campo mediado por unha banda axedrezada en oblicuo, figurando a ámbolos dous lados respectivamente, flores de lis e os atributos papais da mitra e o báculo que serve á vez de eixo compositivo.
Vítor de frei Andrés Cid
A escena distribúese en dous rexistros, figurando no superior o episodio da imposición da mitra ao bispo ourensán pola Virxe; esta aparece coroada por anxos que, situados sobre motivos vexetais, enmarcan a composición. As figuras, de canon curto, adáptanse en forzada postura á forma curva do Víctor, presentando movida actitude, acentuada por unhas roupaxes de evidente calidade nos pregamentos e coidado estudo dos detalles.
No rexistro inferior dúas figuras femininas alegóricas, descansando sobre cartelas, centran unha inscrición.
Epifanía
Composición escalonada e distribuída en dous grupos que arrancan dun mismo punto, separados por unha columna como referencia dun marco arquitectónico. O altorrelevo practícase en dous planos faltándolle a necesaria prespectiva. As figuras presentan carácter popular, con corpos de formas redondeadas e as cabezas dispostas frontalmente. Policromía estofada, deteriorada, con temas vexetais sobre as vestiduras e fondo de motivos dourados.
Sen título (CE000629)
Mitra lisa executada con tecido de finas febras de ouro tendido, douradas e brilantes, dispostas sobre urdimbre de cáñamo; bordea a peza un sinxelo cordoncillo bícromo, con borlas na cúspide e ínfulas rematadas por flocos.
Sen título (CE000628)
Taboleiro de madeira de nogueira con decoración plateresca que puido pertencer ao desaparecido coro de santo Estevo de Rivas de Sil, realizado a mediados do século XVI. Decórase a peza cunha talla en baixorrelevo con motivos de estirpe plateresca dispostos en perfecta simetría; dun motivo gallonado, que asemella un floreiro, parten uns vástagos con acantos estilizados e terminacións curvadas a modo de roleos, rematados en flores que evocan ás dos cardos conformando un elegante follaxe. Enmarca a táboa unha sinxela moldura, perdida case por completo no seu lado esquerdo.
Sen título (CE000627)
Anverso de bolsa de corporais con cadro central, representando a Santo Domingo de Guzmán, cos atributos da azucena, o libro, o pano branco e a estrela sobre a súa fronte, realizado co minucioso debuxo a plumilla e aplicación de cores. Enmarca a imaxe unha relevada labor de bordado que consegue altorrelevo, semellando a arte da ourivería, practicada a base de canutillos de fíos metálicos de prata e ouro, que compoñen rosetas salpicadas con abelorios, recubrindo toda a súa superficie.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Representa a San Torcuato de corpo enteiro e canon esbelto, mostrando un rostro de gran corrección e expresión venerable. A figura aparece flanqueada por unha columna clásica recuberta por unha cortinaxe de brandos pregamentos e gran empaque. O fondo arquitectónico se abre a unha paisaxe, sinalando a profundidade mediante un chanzo en damero.
O lenzo foi tratado cunha imprimación uniforme de tono carmín que proporciona no resultado final unha notable armonía cromática, destacando a orquestada oponencia entre o branco da alba e o vermello da capa pluvial, resoltos con pincelada solta e diluída que se convirte en minucioso detallismo nos ornamentos da capa e alfaias accesorias.