Sen título (CE001170)
Anverso: Cabeza viril, barbada, á dereita. Diante, signo ibérico TU. Detrás, signo ibérico CA.
Reverso: Xinete ibérico con lanza cabalgando á dereita. Sobre á liña do exergo, TURIASO (en escritura ibérica).
Sen título (CE001169)
Anverso: Cabeza viril, barbada, á dereita. Peiteado con rizos e con colar punteado. Detrás, BO-N (letras ibéricas).
Reverso: Xinete ibérico con lanza á dereita. Sobre a liña do exergo, BOLSKAN (en escritura ibérica).
Sen título (CE001168)
Anverso: Cabeza viril, barbada, á dereita. Peiteado con rizos e con colar punteado. Detrás BO-N (letras ibéricas).
Reverso: Xinete ibérico con lanza á dereita. Sobre a liña do exergo, BOLSKAN (en escritura ibérica)
Sen título (CE001167)
Anverso: Cabeza viril, barbada, á dereita. Peiteado con rizos e con colar punteado. Detrás, BO-N (letras ibéricas).
Reverso: Xinete ibérico con lanza á dereita. Sobre a liña do exergo, BOLSKAN (en escritura ibérica).
Sen título (CE001166)
Anverso: Cabeza viril, imberbe, á dereita. Detrás, crecente luar. Debaixo, signo ibérico S.
Reverso: Xinete ibérico con lanza á dereita. Debaixo, SEKOBIRIKES (en escritura ibérica).
Sen título (CE001165)
Anverso: Cabeza viril, imberbe, á dereita. Detrás, crecente luar. Debaixo, signo ibérico S.
Reverso: Xinete ibérico con lanza á dereita. Sobre a liña do exergo, SEKOBIRIKES (en escritura ibérica).
Sen título (CE001163)
Fragmento de asa dun recipiente. A asa ten unha morfoloxía convexa e de sección arqueada. A textura da pasta é compacta e homoxénea, de cores vermellada/cincenta/ocre, e presenta desgraxantes de tamaño medio/fino. As superficies interior e exterior están alisadas, e alternan as cores avermellada/ocre. A decoración representada componse de seis incisións horizontais, colocadas transversalmente con respecto ao eixo lonxitudinal da peza.
Sen título (CE001162)
Fragmento de asa dun recipiente semiesférico -forma convexa- e con sección aplanada. A pasta presenta unha cor gris escura, con textura semicompacta e homoxénea, con desgraxantes de tamaño medio. As superficies móstranse alisadas e cunha cor gris clara. Amosa unha decoración na franxa central do seu eixo lonxitudinal a base de trazos incisos oblicuos concéntricos. Aparentemente, os motivos decorativos serían do tipo "folla de acacia".
Sen título (CE001161)
Fragmento da zona inferior do corpo e da base dun recipiente, posiblemente un cunco hemisférico pechado. A parte conservada é convexa. Carece de decoración. A pasta é bastante homoxénea e pouco compacta, con desgraxante de seixo e mica de tamaño fino-medio, sendo de cor cincenta no corte, cincenta clara na interior e avermellada clara na superficie exterior. As superficies exterior e interior están alisadas. A técnica de cocción é posiblemente redutora.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Anverso: Cabeza viril á dereita. Detrás en círculo, signo ibérico CU.
Reverso: Xinete ibérico con lanza á dereita. Sobre a liña do exergo, AREGORATAS (en escritura ibérica)