Sen título (CE000579)
Morteiro de corpo troncocónico, con base e boca lisas e saíntes. A superficie do corpo decórase mediante catro veneras flanqueadas por motivos verticais segmentados.
Sen título (CE000575)
Campaíña de pequeno tamaño, con forma de copa invertida.Campaíña de man de mango abalaustrado con remate perforado, unida ao corpo mediante molduras escalonadas na ombreira. Presenta friso decorativo con medallóns con bustos e floróns de gusto plateresco; enmarcan o friso dúas bandas con inscricións.
Sen título (CE000574)
Campá de basta factura e de tamaño lixeiramente superior á media, co borde resaltado mediante pequeno baquetón. Mango tribulado e calado ao que lle falla o elemento sustentante do que penduraba. A aba presenta decoración alternada mediante motivos de estrelas, coa imaxe de Cristo Crucificado, un escudo coa representación da custodia sostida por dous anxelotes entre róleos, outro Crucificado e unha bela representación das ánimas do Purgatorio.
Na parte exterior do borde leva unha inscrición.
Sen título (CE000573)
Campaíña de pequeno tamaño, con forma de copa invertida É unha campaíña de man con mango. Decorada na ombreira por molduras en forma de escada. A aba presenta unha orixinal decoración a base de grinaldas con querubíns na zona superior, ocupando a parte inferior unha escena cunha figura tocando un instrumento de corda e representacións de animais, entre as que se distinguen unha aguia e un coello; completan a ornamentación dous mascaróns e un motivo vexetal.
Na base leva unha inscrición.
Sen título (CE000570)
Campaíña de aba aberta con diferenciación do borde; presenta tosca decoración en relevo de Cristo crucificado e unha campá; enchendo os espazos intermedios atópanse oito estrelas de seis puntas, agrupadas en grupos de catro.
Sen título (CE000567)
Campaíña de tipo troncocónico e borde aberto. O mango componse de tres "putti" enlazados, adosados pola espalda e remate moldurado. Decora a ombreira con molduras e o corpo con motivos renacentistas de grinaldas con bucráneos, albergando as letras "P A"; na zona inferior figura a escena da Anunciación, entre anxelotes portando un estandarte e outros flanqueando un búcaro de flores.
Sen título (CE000565)
Campaíña decorada na ombreira por moldura a modo de escaleira. A aba presenta unha orixinal decoración a base de grinaldas con querubíns na zona superior, ocupando a parte inferior unha escena cunha figura tocando un instrumento de corda (viola da braccio), e representacións animalísticas, entre as que se distinguen unha águia e un coello; completan a ornamentación dous mascaróns e un motivo vexetal.
Sen título (CE000564)
Campaíña de pequeno tamaño, con forma de campá invertida e con perfil de choca, de corpo troncocónico e borde aberto. É unha campaíña de man, así o mango queda conformado por tres follas de acanto. O corpo distribúese en tres bandas paralelas, separadas por sinxelas molduras, figurando na superior e inferior unha inscrición.
O friso central presenta decoración figurada e o relevo, intercalada por mascaróns, podendo observarse: o arcanxo san Miguel, unha figura a cabalo, que semella ser Santiago Matamouros e un busto de perfil, enmarcado nun tondo de recordo numismático.
Sen título (CE000547)
Cruz procesional de tipoloxía de brazos cilíndricos lisos e ocos por dentro. Trátase dunha cruz latina en latón dourado. Nos extremos presenta decoración dunha cenefa con moldura sogueada e un friso con crestería de flor de lis "motivos moi usuais" que ademais serven para ocultar o empate das esferas que os rematan. A parte exterior destas bolas decórase con seis vástagos ondulados en disposición radial que só se conservan na esfera superior. A mazá é achatada e decórase cun repuxado de follas lanceoladas de contorno refundido, en dúas filas, formando seis rombos onde resaltan seis cabuxóns que encerran esmaltes con bustos de apóstolos barbados e de perfil sen atributo que os identifique. Só dous se conservan integramente pois son elementos fráxiles que saltan con facilidade.
Conserva no anverso a figura fundida de Cristo Crucificado, no que se aprecia un maior coidado na execución da cabeza fronte ao resto do corpo, con incisións anatómicas e liñas quebradas no pano de pureza en certa tendencia cara a formas máis redondeadas e un naturalismo máis humano, pés de Cristo suxeitos á cruz por só tres cravos, coroa de espiñas. A cabeza inclínase cara o ombreiro dereito amosando un rostro de aparente impasibilidade, cos ollos e a boca pechados. Os brazos, horizontais, alíñanse ao traveseiro e as mans esténdense completamente cos dedos xuntos e o pulgar separado. O perizonium ou pano de pureza parece acortado ao estar recollido sobre a perna dereita. Aprécianse os buratos para colocar, no reverso, a Virxe co Neno así como as placas cuadrilobuladas que representan aos Evanxelistas.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Misericordia con talla de cabeza xuvenil, de suave modelado, provista de orellas de burro.