Sen título (CE000404)
Peza de xadrez. Figura masculina de vulto redondo. Ten un rostro xuvenil aparentemente imberbe, pero cun largo bigote e fina perilla. Leva un peculiar uniforme militar romano consistente en casco cónico, con rebordo exterior de reforzo na base, asas laterais a modo de enganches, das que penden sendas orelleiras ben trenzadas, susceptibles de seren atadas baixo o papo, para protexe-lo colo e con coiraza de escote cadrado cinguida por cinto sogueado á altura do estómago, rematada nun faldellín atablonado. Debaixo deste percíbese unha túnica curta. O brazo esquerdo dóbrase para apoiar no ventre a man estendida e o brazo dereito bota a man á empuñadura dun puñal enfundado, en posición de parada militar. Leva grevas voltas nas pernas, flexionando á dereita para apoiala nun casco en forma de tiara. Vai calzado con sandalias.
Sen título (CE000403)
Repertorio decorativo de formas orientais mesturado con elementos clásicos, recubrindo totalmente á peza. A tapa presenta remate en forma de teas colgantes, figurando en ámbalas dúas caras un personaxe sentado, tocando un instrumento musical cordófono pulsado. O corpo do estoxo decórase con campaíñas e grilandas, trompeta, búcaros, flores, etc., compoñendo os laterais unha ringleira de tema vexetal.
Sen título (CE000381)
Candil con longa pletina vertical, de sección cadrada, con abrazadeira no extremo superior. Sobre o recipiente sitúanse dous mecheiros para candeas, sustentados sobre vástagos curvos; o recipiente de aceite ten catro picos ou mecheiros. Pé circular de superficie cóncava con gollete. A decoración redúcese a finos troquelados e sinxelas liñas incisas, suliñando as formas estruturais dos diferentes elementos que o compoñen.
Sen título (CE000380)
Trátase dunha pequena placa de marfil de cor branca brillante no anverso e amarelenta, pola acción da luz e a temperatura, na que está representada a Virxe gloriosa co Neno. A escena desenvólvese dentro dun espazo sacro con todo os elementos que caracterizan á arquitectura gótica. A Virxe María co Neno, amparada por dous acólitos que portan cálices, a modo de parteluz, dividen a escena como nas portadas góticas, mentres que un friso de dobre arcada oxival con decoración de gabletes, crochets e pequenos pináculos acubillan as imaxes como se dunha catedral gótica se tratase. Baixo esta, completando a escena, dous anxos turiferarios perfuman con incenso o espazo.
A figura de María, pese ás súas reducidas dimensións, amósanos toda a súa humanidade, como unha nai real e íntima, sorrí ao Neno mentres inclina a cabeza para que este, coma un neno de verdade xogue cos seus cabelos. Non só é humana a súa actitude senón que o seu corpo, abaneándose lixeiramente, deixa caer o manto en elegantes pregues que recolle por debaixo do Neno, no seu brazo esquerdo.
A escena está enmarcada por un pequeno listón liso, conservando nun dos seus lados as fendeduras de dúas fallebas, a inferior parcialmente rota, signo inequívoco da súa condición de folla dun díptico.
Sen título (CE000379)
Fragmento de plaqueta de perfil lixeiramente convexo, que poidera pertencer a unha arqueta ou tríptico; presenta unha escea con tres apóstolos dispostos de perfil e en ringleira, sen diferenciación nas vestimentas, de ríxido pregamento, talladas en punto decrecente e con aptitude dirixida á escea principal; constitúe o remate, un corpo de vanos de arco rebaixado, presentando unha das fiestras a folla aberta.
Sen título (CE000375)
Patena en prata sobredourada. Pratiño liso con motivo central gravado de cruz patada con remates a modo de flor de lis e decoración de pequenas lisas incisas no seu contorno.
Sen título (CE000374)
Copa lisa co interior sobredourado; hastil hexagonal; mazá aplastada con dezaséis gallóns arriba e abaixo, adornados con liñas serpenteantes e separados por friso xeométrico cicelado. Pé circular e acullerado; os lóbulos con flores nas enxutas levan decoración relevada, alternando tres festoneados e lisos con outros de róleo vexetal simétrico, cruz con símbolos da Paixón e IHS baixo tema vexetal.
Sen título (CE000373)
Copa lisa con pequena subcopa a modo de estrela recortada.Hastil hexagonal e mazá con follas como gallóns, ornamentados en ringleira superior con escamas e motivo vexetal alternante, e a inferior con follas, separadas por seis rombos contendo rosetas. Hastil baixo o nó igual ao do corpo inicial. Pé de contorno lobulado e base moldurada, con decoración gravada de roseta inscrita en dobre círculo nun dos lóbulos.
Presenta no envés do pé marca da localidade coa imaxe de Santiago Peregrino e marca do artífice frustra OA.
Burilada para probar a súa lei, separada da marca.
Sen título (CE000362)
Escultura dunha aguia coas ás estendidas e a cabeza xirada cara a súa esquerda. Posúe un pico longo e curvo. O tratamento da plumaxe no corpo da ave executouse de modo naturalista e cunha exquisita precisión, representándose a xeito de escamas. Para diferenciar a cabeza do resto do corpo efectuouse, por medio dun buril, unha incisión á altura do pescozo.
Na parte inferior as patas encóntranse unidas de maneira que deixan un orificio circular.
A parte posterior deste exemplar é na súa maioría lisa, agás no seu eixe central onde sobresaen dúas protuberancias que servirían para fixala á hasta.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Reloxo de peto tipo lepine. Esfera de porcelana con disco de hora de numeración romana e superposta numeración arábiga para indicar os minutos, protexida por vidro. O reloxo presenta dobre caixa, sobrecaixa ou chichoneira, a interior de prata, lisa, e a exterior de metal e prata, embelecida con cuberta de carei e biseles con apliques de prata claveteados. Leva un pulsador baixo a cifra VI que permite a apertura do reloxo para ver a maquinaria. Fáltanlle as agullas.