Sen título (CE000316)
Machado plano de talón truncado, perfil trapezoidal e lados cóncavos. O gume, aínda que está desgastado, foi destacado e biselado. A sección é rectangular máis adelgazada no talón.
Sen título (CE000315)
Machado plano de talón truncado, perfil trapezoidal e lados rectos. Sección rectangular. Gume lixeiramente destacado.
Sen título (CE000314)
Machado plano de talón truncado, perfil rectangular e lados rectos. Sección rectangular.
Sen título (CE000313)
Machado plano de talón truncado, perfil rectangular e lados rectos. Gume adelgazado. Superficie de fundición sen regularizar.
Sen título (CE000311)
Placa rectangular ben escadrada, con inscrición honorífica, en cinco liñas. Estivo exposta ao lume.
Sen título (CE000310)
Placa rectangular cunha inscrición distribuída en nove liñas; presenta bastantes repicados nas arestas laterais e fáltalle un anaco no ángulo superior dereito.
Sen título (CE000309)
Bloque de forma cuadrangular. Está roto no seu eixe perpendicular. Inscrición en cinco liñas.
Sen título (CE000308)
Placa rectangular con inscrición en sete liñas, as dúas primeiras liñas perdéronse ao retirala do seu primitivo asentamento na referida capela, xa que as primeiras transcricións que se realizan do epígrafe as inclúen; está cortada ao rentes da liña sete, pero esta última apóiase na comparación coa inscrición da lápida procedente do mesmo lugar e que ten o Número de Rexistro CE000310. Os lados laterais parecen intactos.
Sen título (CE000307)
Ara en forma de prisma rectangular traballado en todos os seus lados. A base está formada por un plinto e unha moldura, as esquinas están achaflanadas por rotura.O fóculo propiamente dito desapareceu seguramente ao colocar unha cruz, sendo substituído por unha superficie plana cun oco central, para inserila; as acróteras, incipientes, tamén deberon sufrir ao colocala. A inscrición está distribuída en seis liñas.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Machado de talón bifacial con dous aneis de posición intermedia. A folla presenta un nervo central e rebordos laterais. Presenta algúns poros de desgaste. A parte interior dos aneis non está ben furada.