Virxe co Neno

Virxe co Neno
Virxe co Neno
Comentario

Virxe entronizada con touca e coroa, portando un cetro e o Neno sobre a perna esquerda. Este leva un libro pechado e está en actitude de bendicir, disposto frontalmente con torsión das pernas. Destaca nesta imaxe a disposición dos pregues de notable distribución, que lle dá maxestuosidade á peza.

Virxe co Neno

Virxe co Neno
Virxe co Neno
Comentario

Talla de factura popular, representando a Virxe de pé, sobre peaña circular, portando ao Neno en disposición diagonal, atendendo máis ao aspecto maternal que ao contido simbólico. Viste a Virxe túnica e manto, con pregues esquemáticos de caída paralela, enmarcando o seu rostro con touca e coroa. A policromía, en tons azuis e vermellos está moi perdida; o mesmo ocorre co dourado.

María Magdalena

María Magdalena
María Magdalena
Comentario

Imaxe entronizada, representada de pé por falta de recursos técnicos. Longo cabelo adaptado ao rostro e axustado por unha ancha cinta. Viste túnica e manto, formando na base finos pregues. Porta o vaso de perfumes conforme a iconografía medieval e leva a outra man estendida. Policromía no rostro e no colar de doas como nota mundana.

Virxe co Neno

Virxe co Neno
Virxe co Neno
Comentario

Responde ao tipo de Virxe kyriotisa o madre entronizada, que se difunde ó largo do século XIII, coa salvedade de descansar o Neno sobre a perna dereita da súa Nai, portando os atributos da pomba e a mazá respectivamente. A talla presenta un canon alongado e certa calidade tanto nos rostros como na disposición dos pregos. A policromía, de vermellos e azules, está bastante deteriorada, presentando tamén decoración a rombos.

Sen título (CE000275)

Sen título (CE000275)
Sen título (CE000275)
Comentario

Vaso pechado de perfil en «S» flexionado. Corpo globular ovalado máis ancho que alto. Labio exvasado e monofacetado e bordo redondeado. Colo cilíndrico co punto de máxima inflexión preto do arranque do labio e transición interior en ángulo cara ó ombro, que provoca un nacemento moi expandido do corpo. Fondo plano con rebordo perimétrico exterior e transición interior achandada.

Pasta de textura fina e ton acastañado. Rematado moi fino con engobe negro brunido en toda a superficie exterior e interior da boca. Fondo retocado unha vez desprendido da plataforma de modelado. Percíbense avultamentos dos rolos de arxila no interior do corpo.

Toda a vasilla se decora con acanaladuras, tres no ombro que remarcan a forte expansión do corpo, unha cerca da base que define un rebordo perimétrico e todo o corpo recuberto con trazos verticais, onde brilla o acanalado e é áspero nos intervalos.

Sen título (CE000273)

Sen título (CE000273)
Sen título (CE000273)
Comentario

Reintegrado. Vaso globular de bordo curvo aberto e reforzado cun baquetón. Base convexa.

Sen título (CE000272)

Sen título (CE000272)
Sen título (CE000272)
Comentario

Vaso reintegrado que responde a un cazolo de base semiesférica, colo estreito e fondo, e bordo con revira de 3 cm. de ancho inclinada de fóra a dentro. Lateralmente e partindo do colo, ten dúas asas pequenas de 2 cm de abertura e lixeiramente cóncavas no exterior, que van para ó comezo do corpo. Presenta unha decoración xeométrica soamente na revira do bordo, consistindo nunha serie de riscos anchos, dispostos ao xeito do motivo «folla de acacia».

(Asa: altura 4,7; anchura 2,4 e grosor 1 cm).

Sen título (CE000271)

Sen título (CE000271)
Sen título (CE000271)
Comentario

Vaso de paredes rectas e fondo hemiesférico. Acabado todo con sinais dixitais.

Sen título (CE000270)

Sen título (CE000270)
Sen título (CE000270)
Comentario

Peto de pasta gris, de forma esférica e de corpo baixo, cunha rañura lateral e aberta pola parte superior. Está decorada na metade da panza cun cordón inciso de ungulacións. Na base presenta unhas pequenas perforacións.

(Rañura: lonxitude 2,6 cm).

Sen título (CE000269)

Sen título (CE000269)
Sen título (CE000269)
Comentario

Vaso de bordo e paredes rectas e altas con base hemiesférica. Reintegrada.