Mestra de taller de Artes Plásticas e Deseño, especializada en Gravado e Técnicas de Estampación pola Escuela de Arte de Oviedo (1997).
Desde os seus inicios nas artes plásticas realizou exposicións tanto individuais como colectivas en Asturias, Castela e León e Ecuador. Traballou como deseñadora gráfica e en imprentas (Ponferrada, Lugo). Foi profesora dos módulos de Técnicas de Estampaxe e Gravado, Edición de Arte e de Bacharelato Artístico na Escola de Arte de Oviedo. Do módulo de Técnicas de Estampaxe e Gravado e de Bacharelato Artístico na Escola de Arte e Superior de Deseño de Pamplona. De Fotografía Aplicada ao Deseño Gráfico e Deseño de Produto na Escola Superior de Arte de Avilés. Profesora do módulo Arte Final (Procesos de Impresión) na Escola de Arte e Superior de Deseño "Virxe do Mirón" (Soria) e do módulo de Ilustración (Técnicas gráficas tradicionais) na Escola de Arte e Superior de Deseño "Antonio Faílde" (Ourense).
Desde o ano 2013, imparte clases de mestra de taller en Técnicas de Estampaxe e Gravado na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
O seu principal labor e inquietude, ademais do ensino é a de promover e divulgar o gravado como medio de expresión artística.