Sen título (DX0012/6)
Doa de colar de forma romboidal cos lados en chafrán, con adorno de círculo con punto central en todos os lados.Presenta un orificio para o enfíado que perfora a peza no eixe maior.
Sen título (DX0012/5)
Doa de colar de forma romboidal cos lados en chaflán, con adorno de círculo con punto central en todos os lados. Ten unha perforación central no eixe maior para ensartar no fío.
Sen título (DX0012/4)
Doa de forma rectangular e sección plano-convexa, adornada na cara principal cun motivo de seis círculos incisos cun punto central, distribuídos en dúas filas de tres. O reverso é liso. Nos lados maiores ten dúas perforacións para facilitar o seu ensartado nos fíos.
Sen título (DX0989/19)
Doa de cor negra e de sección redondeada.
Sen título (DX0989/18)
Doa negra de ollos en azul. Sección redondeada.
Sen título (DX0989/11)
Doa de cor verde azulada, crara, de sección redondeada pero gastada.
Sen título (CE006113)
Ara en forma de bloque prismático de sección cadadra, rota na parte inferior. O fóculo é de perfil circular. Incrición en catro liñas.
Sen título (CE006111)
Ara votiva feita nun bloque prismático de granito. Presenta fóculo de perfil rectangular, profundamente escavado, e zócalo e cornixa moi repicados, consecuencia da reutilización posterior da peza nun emparrado e máis tarde na escaleira exterior dunha casa no lugar de Santomé.
As catro liñas do texto, en letras capitais, están moi desgastadas o que fai moi complicada a súa lectura.
Sen título (CE006110)
Ara en forma de bloque prismático de sección cadadra, ten repicada as súas molduras saíntes e o fóculo para reutilizalo na función construtiva que desempeñaba. Inscrición en cinco liñas.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Doa de colar de forma romboidal cos lados en chafrán, con adorno de círculo cun punto central, en todas as caras. Presenta un orificio para o enfiado que perfora a peza no eixe lonxitudinal.