Sen título (DX0016/3)

Sen título (DX0016/3)
Sen título (DX0016/3)
Comentario

Placa circular con decoración xeométrica formando unha estrela calada de oito puntas que parte dun pequeno umbo central. Presenta no borde superior un apéndice cunha perforación no centro e dous pequenos remaches laterais, que servirían para suxeitar a placa sobre un soporte de madeira ou coiro.

Guerreiro con cota de malla

Guerreiro con cota de malla
Guerreiro con cota de malla
Comentario

Posible aplique de suxeición en forma de figura de guerreiro en actitude de movemento cara á esquerda. Leva unha cota de malla ata os xeonllos, esta indícase por medio de pequenas liñas incisas en forma de escamas. Fáltanlle os brazos, o colo e a cabeza. No reverso leva un apéndice en forma de gancho de 1.5 cm para suxeitarse a unha correaxe. O anverso está cuberto por un baño de ouro, parcialmente perdido nalgunhas zonas.

Sen título (DX1006/2)

Sen título (DX1006/2)
Sen título (DX1006/2)
Comentario

Peza cunha asa e pico vertedoiro, de forma troncocónica, máis ancha na parte baixa, onde un pé en anel lle proporciona estabilidade a un fondo convexo. Asa de sección ovalada e unha biqueira moi destacada. A súa pasta é de cor laranxa intensa, e está recuberta na súa totalidade dun vedrío estanífero, brancuzo, homoxéneo, presentando no exterior unha decoración en dourado e azul. A decoración desenvólvese en bandas sobre a superficie do xerro e cun motivo único, en dourado, no pico vertedoiro. De abaixo arriba encontrámonos cunha banda dourada lisa, outra banda de ángulos entre dúas liñas finas, outra banda dourada grosa, como a primeira; segue outra banda ancha, con tema que coidamos epigráfico coas letras con remate de tipo vexetal estilizado, para a continuación mostrar unha banda ancha de temas estilizados. Unha nova banda en azul, coma a anterior, deixa paso a dúas bandas, unha de decoración vexetal entrelazada e outra dourada que marca o bordo do vaso para rematar co motivo do seu pico vertedoiro.

Sen título (DX0903/2)

Sen título (DX0903/2)
Sen título (DX0903/2)
Comentario

Xerra de boca trilobulada co borde engrosado, colo curto e corpo globular cunha soa asa. Cerámica común romana de mesa.

(Asa: altura 9 cm; anchura 3,4 cm e grosor 1,3 cm).

Sen título (CE006013)

Sen título (CE006013)
Sen título (CE006013)
Comentario

Placa funeraria aberta na fronte dun sillar construtivo, recadrado por un sinxelo baquetón semicircular de 4,5 cm de ancho, estando a parte traseira apenas desbrozada. O texto está distribuído en cinco liñas.

Sen título (DX0012/3)

Sen título (DX0012/3)
Sen título (DX0012/3)
Comentario

Ungüentarium de tamaño grande, tipo frasco ou redoma, realizado en vidro de cor verde azulada. Trátase dunha peza de factura simple, con bordo volto cara ao exterior, aplanado e de sección triangular, co beizo redondeado e pulido ao lume. O colo é cilíndrico, o corpo piriforme e a base plana.

O beizo mide: 0,40 x 0,66 cm

Sen título (DX0012/1)

Sen título (DX0012/1)
Sen título (DX0012/1)
Comentario

Placa calada coa representación dun cabalo dun broche de cinto que formaba

parte dos cingula militiae - cintos de militares- que eran un elemento moi importante do

uniforme militar. Presenta un relevo de certo volume coa figura dun cabalo ao paso, sinalando minuciosamente as partes anatómicas do animal: cascos, cola, coas sedas marcadas por medio de incisións, orellas, as crinas, omoplata esquerda e parte da montura. A figura aparece enmarcada na parte superior e inferior por unha barra con cinco apéndices, que recordan as protuberancias que teñen algunhas fibelas rectangulares nas esquinas. A placa articularíase coa fibela mediante bisagra e iría unida á correa de coiro por medio de dous botóns soldados no reverso, un á altura da anca, e o outro, do que só queda o resto da soldadura, á altura da parte superior das patas dianteiras.

Sen título (CE005270/2)

Sen título (CE005270/2)
Sen título (CE005270/2)
Comentario

Cunca de corpo hemisférico profundo con decoración de costelas verticais en relevo, unhas máis prominentes que outras. Está reconstruída a partir de dous fragmentos correspondentes ao bordo, corpo e arranque da base. O bordo é lixeiramente exvasado e engrosado respecto ao corpo, e presenta beizo redondeado. A peza, de cor verde azulada, foi elaborada por fundición en molde e logo retocada, primeiro cun rápido e pouco coidado pulimento a torno e finalmente mediante pulido ao lume, o que lle dá un aspecto moi brillante.

Sen título (DX0094/1)

Sen título (DX0094/1)
Sen título (DX0094/1)
Comentario

Xerriña de bordo aberto, liso, con colo corto e corpo piriforme e base plana, aínda que inclinada e cun lixeiro resalte. A feitura é irregular, está inclinada, e a superficie do corpo presenta entrantes e saíntes. A asa, que lle falta, arranca directamente do bordo, e se apoiaba xusto por riba da parte máis ancha do corpo. Superficie engobada de cor marrón roxizo.

Sen título (CE006011)

Sen título (CE006011)
Sen título (CE006011)
Comentario

Trátase dunha peza pequena, de cor gris, co corpo case que globular, colo moi marcado e labio desenvolto en vertical e amplo, troncónico invertido, cunha asa, e, preto dela, tres incisións aliñadas en vertical, resultando representativa do conxunto recollido no seu día nas escavacións e, máis aínda, dun dos seus grandes tipos formais.

Caracterízase este amplo conxunto pola cor das súas pastas, gris perla - resultado dunha coción redutora a unha temperatura de oitocentos grados-, micácea, con degraxante orgánico visible -pequenos carbóns-; pola textura externa -irtas ao tacto-, e pola factura cun torno que produce grandes irregularidades. Hai tamén unha coincidencia na decoración, moi limitada formalmente, e que abrangue incisións formando grupos ou aliñacións tanto verticais como horizontais, liñas incisas paralelas , case que sempre ondulantes, e ungulacións. Tamén, agás unha media ducia de excepcións, o tamaño é coincidente, entre os nove e once centimetros de altura.