Sen título (DX0001/7)
Fragmento de bordo e colo dun recipiente aberto con perfil semiconvexo e paredes semifinas. A pasta é de textura compacta mostrando tonalidades que varían entre a vermella-alaranxada (pasta e superficie interiores) e a ocre-alaranxada (superficie exterior), con presenza de desgraxantes finos/medios. A superficie interior é rugosa namentres que a exterior é moi lisa.
Sen título (DX0001/6)
Fragmento do corpo dun recipiente aberto, con perfil semiconvexo e paredes semifinas. A cor predominante da peza é cincenta escura (pasta e superficie interior) con presenza dunha cor alaranxada clara (superficie exterior). A textura presenta desgraxantes finos. A superficie interior é semilisa, mentres que a exterior é semirugosa. A decoración sitúase na superficie exterior da peza e componse dos restos dun pequeno mamilo (zona inferior) e dunha liña incisa horizontal (zona superior).
Sen título (DX0001/5)
Trátase dun posible afiador de agullas de oso, con sección pseudotrapezoidal, que amosa unha acanaladura lonxitudinal con forma rectilínea e sección da acanaladura en "U" aberta.
Sen título (DX0001/4)
Trátase dunha peza que se podería denominar como placa, cunha morfoloxía xeral subrectangular e dúas caras principais ben diferenciadas. Na cara principal -ou anverso- presenta unha canle cun perfil en "U" (anchura media de 0,7 cm. e lonxitude de 2,5 cm.), que cruza lonxitudinalmente a parte central do eixo maior da peza. Na mesma dirección deste trazo acompáñano catro "coviñas" de desigual profundidade e tamaño (a primeira, cun diámetro transversal de 1,8 cm; a segunda con 0,4 cm; a terceira con 0,2 cm. e a cuarta con 0,3 cm.). Toda esta composición está rodeada por unha superficie totalmente puída que cubre toda esta cara. Este puímento uniforme -ou mesmo mais acentuado- tamén se observa na cara do reverso, pero sen ningún tipo de composición. Con respecto aos lados, os menores presentan unha tendencia redondeada -un deles con traballo desgaste por puído- e os lados maiores truncados, un deles por un entalle, e o segundo por dous entalles -aínda que menos pronunciado que no anterior-. Por último engadir que na área central dun dos seus lados menores mostra unha fractura con perda da capa exterior do soporte, eu semella ter unha pátina semellante á do resto da peza. A súa adscrición a un tipo formal, da clasificación tipolóxica vixente para o NW peninsular, sería controvertida.
Sen título (DX0001/3)
Disco de tipo simple, con morfoloxía xeral subcircular, de sección subrectangular cun do seus extremos mais apuntado, onde se sitúa un entalle nunha das caras. O labrado é groseiro nas faces laterais.
Sen título (DX0001/2)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada e triangular con tendencia equilátera, de base recta -inda que con certa concavidade-, con sección biconvexa, bordes converxentes e rectilíneos, e espesura semiabatida. O corpo é curto e ancho. O retoque sitúase nunha posición bifacial cunha amplitude profunda, unha delineación denticulada simple e cun modo plano e cubrinte. Índices: de lonxitude: 1.1 (media); de grosor: 8.33 (delgada).
Sen título (DX0001/1)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada e triangular con tendencia equilátera, de base cóncava e simple, con sección biconvexa, bordos converxentes e rectilíneos, aletas oblicuas e espesura semiabatida. O corpo é curto e ancho. O retoque sitúase nunha posición bifacial cunha amplitude profunda, unha delineación denticulada simple e cun modo plano e cubrinte. Índices: índice de lonxitude: 1.1 (media); índice de grosor: 8.33 (delgada).
Cabeza de Río
Cabeza co inicio do torso conformando unha especie de peaña. O seu tratamento rudo e sumario acentúase polo intenso desgaste que sufriu a peza, polo que os riscos faciais case teñen desaparecido; esta mesma erosión impide discernir con claridade se a figura era barbada. Os ollos consisten en dous pequenos ocos incisos, cos arcos supraciliais sinalados por medio dun leve avultamento; o nariz apenas é visible e a boca, aberta, é unha incisión horizontal. Arredor das orellas, simétricas e traballadas con detallismo, márcase unha liña que continua pola caluga nun refundido lonxitudinal que sinala a presenza dun casco ou capacete axustado, que posiblemente sería de coiro. Na parte inferior do colo, xusto pola zona onde está crebada a figura, hai unha protuberancia que probablemente corresponda á representación dun torques.
Sen título (CE005270/1)
Lucerna con volutas á que lle falta o pico redondeado e so se conserva a voluta do lado dereito, realizada en pasta de tons vermellos. O disco posúe unha decoración en relevo.
Presenta unha escena de anfiteatro relativa a un exercicio ximnástico, coñecido polo nome de Skaperda, practicado polos gregos nas festas dionisíacas. Nel entran compoñentes lúdicos e de forza, pois consiste na loita entre dous adversarios que turran de cada un dos extremos dunha corda introducida nun orificio da parte superior dun poste central. Na escena representada na lucerna, os adversarios son substituídos por un amor coas ás despregadas e as mans atadas nas costas que comeza a ser devorado nunha perna por un león.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Fragmento do corpo dun recipiente aberto, con perfil semiconvexo e paredes semigrosas. A pasta é porosa con desgraxante fino/medio, e predominio da cores claras cincentas/laranxo-avermelladas. A superficie interior mostra unha textura semilisa, namentres que na exterior é semigroseira