Triscele calado de Castromao
Tríscele calado de raios dextrosos, trazado sen compás, de 29 cm de diámetro, e sen moldura exterio realizado sobre un sillar case cadrado. O motivo fórmano tres raios curvos lixeiramente rebaixados no centro. A parte traseira non ten decoración algunha, só son visibles os ocos entre os raios.
Sen título (CE005995)
Impronta de reverso de medalla. Monumento con obelisco adicado ós caídos por España. Lenda
Sen título (CE005994)
Proba de anverso de medalla. Bustos sobrepostos de perfil á esquerda de Daoíz e Velarde, coroados e lenda arredor.
Sen título (CE005988)
Anverso: Cabeza viril á dereita. Diante, OSSET.
Reverso: Figura de pé á esquerda con acio de uvas na man.
Sen título (CE005986)
Anverso: AVGVSTVS DIVI F PATER PATRIAE
cabeza laureada de Augusto á dereita.
Reverso: MVN AVGVSTA [BILBILIS] L COR CALDO L SEMP [RVTILO] (MVN enlazadas). No campo, II VIR, dentyro de láurea. Todo dentro de gráfila de puntos.
Adoración dos pastores
É un dos taboleiros mellor conservado e dos máis fermosos do conxunto coral. A composición transmite unha serea actitude de recollemento e aínda que ofrece trazos arcaizantes na súa iconografía, acusa ben no seu tratamento o momento no que foi executado.
A ambientación da escena e moi sinxela e o número de planos moi limitado, concentrando os elementos no primeiro termo. Nesta ocasión, o escenario no que se desenvolve a acción é un cortello, sumariamente representado por un pequeno tellado de colmo que apoia sobre dous troncos, no que voa un anxiño portando unha filacteria. Como centro simbólico da composición aparece a imaxe do Neno espido deitado sobre un pesebre cuberto de feo, que o circunda como unha aureola. Á súa beira dispóñense a súa nai, María, axeonllada- postura relacionada coa integridade física de María como Virxe- e o seu pai putativo, san Xosé de pé, ao lado esquerdo. Á dereita, reproducindo similares posturas, represéntanse os dous pastores, nunha composición habilmente contrapesada. Todas as figuras reflicten unha serea actitude de adoración e recollemento ante a presenza do recentemente nado.
A nivel técnico o relevo ofrece trazos arcaizantes na súa iconografía, sen embargo, acúsase ben o momento en que foi executado. Os panos, brandos e movidos, a base de amplos pregos que describen ritmos serpenteantes, subliñan a anatomía, especialmente na figura de san Xosé.
Sen título (DX0207)
Mantilla tipo toalla de blonda de seda negra de forma rectangular alongada. A seda que forma os nutridos é lasa reservándose a retorcida para o fondo de tul. O encaixe está formado por grandes nutridos que forman follas, flores e froitos do granadeiro de carácter moi naturalista. Dispostos en forma de grilanda na orla e alternándose con motivos de rombos nas bandas que forman o centro. Os bordes presentan grandes ondas proporcionándolle un elegante movemento á mantilla.
Sen título (DX0206)
Mantilla "goyesca" tipo terno confeccionada con morotes de cor negra. A peza central de 24 cm de ancho é de forma ovalada con extremos curvos, únese a ela unha tira de morotes de 25 cm de ancho rematada na punta por dous morotes soltos. A unión faise enlazando os cordoncillos dos morotes a un cordón máis forte, cuberto todo isto, polo revés por unha cinta de veludo e por unha cinta tipo morotes polo dereito. É unha "madroñera"
Sen título (DX0174)
Cruz latina de brazos rectos con perillas de remate nos extremos. O anverso é de cristal, e deixa ver no seu interior vinteún compartimentos tabicados con tecas que acubillan reliquias de distintos santos, con rótulos de tintas negra e vermella. Na punta superior ten unha argola para colgar e unha bisagra que permite a súa apertura. O reverso leva gravados os diversos símbolos da paixón de Cristo.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Formado por dúas pezas, a pedra de armas propiamente dita e a inscrición explicativa. Escudo oval con castelo mazonado e aguia imperial, timbrado de cimeira a esquerda e orla oval de follas decorada con cabezas. Por riba, a inscrición.
No primeiro perpiaño labrado, as armas, un castelo e un aguia, en pau; no timbre, helmo coa viseira calada e con cimeira. Fallan as cores do fondo e dos mobles heráldicos, elementos consubstanciais ao escudo e que teñen unha certa importancia á hora da identificación correcta das armerías, e que constitúen un dos principais problemas na súa correcta identificación. A persoa da que fai mención a inscrición é don Antonio de Noboa e Oxea, pero as armas representadas son só as de Noboa e non as dos Oxea, como se explícita na inscrición acompañante. Non temos de momento máis información desta persoa, que resulta curiosa por engadirlle ás súas armas á lenda que figura no texto e que parece referirse a un feito de armas da Reconquista en Sevilla, toma da Cidade na que participaron algúns membros da liñaxe.