Sen título (DX0123)
Realizada en granito fino de boa calidade, presenta acroterios laterais ben desenvolvidos, con frontóns triangulares e fóculo circular en relevo.
Sen título (DX0121)
A peza foi mutilada para reutilizala como simple sillar, polo que ten numerosos repiques. Na súa cara superior perdeu os rolos e o fóculo; tamén lle foron eliminadas as cornixas agás a do lado lateral esquerdo que ten unha altura de 11 cm e sobresae ata 3 cm; igualmente foille picada a base. Na parte inferior sobre o eixe central foi labrado un curioso contorno de plano rebaixado. A súa parte superior redondeada ten unha anchura de 2 cm para despois estreitarse e volverse abrir, esta vez con suave perfil en curva cara a fóra. Puidese ser para encaixar unha peza metálica. Inscrición en cinco liñas.
Sen título (DX0077)
Recipiente aberto, de morfoloxía xeral globular, perfil cónico-convexo e paredes semigrosas. A base é cónica e remata nun umbo irregular, o galbo é cónico-redondeado e limita co colo -convexo-redondeado- a través dunha carena horizontal. Tamén conta cun bordo lixeiramente exvasado e un beizo labiado. Con respecto á pasta, presenta unha textura heteroxénea, semicompacta, con desgraxantes de tamaño medio-groso e variedades tonais cincentas alaranxadas e vermellas. No caso das superficies interior/exterior, amosan cores desiguais alaranxadas/cincentas, e texturas groseira e semigroseira, respectivamente. A decoración concéntrase no exterior -entre a carena e o beizo-, e componse dunha trama irregular de trazos inciso-parellos, delimitados cun segundo trazo subcircular. Como complemento decorativo poderíase falar de dous orificios simétricos -no bordo- que tamén terían unha función suspensoria.
Sen título (DX0058)
Cipo granítico cunha inscrición en catro liñas. A lectura non é clara debido á descomposición que está a sufrir a pedra, o que xa provocou o desprendemento na superficie dalgunhas lasca. Tamén foi alterada polo picado que se fixo nas zonas das molduras para adaptala á función construtiva que desempeñaba.
Sen título (DX0003/22)
Serie de once fragmentos de cuarzo con morfoloxías variadas (irregulares, subtriangulares, etc.), con tonalidades brancas e cincentas. Entre elas destaca a peza nº 3, pola presenza de trazos de "debitage".
Sen título (CE005984)
Busto de vulto redondo modelado ao barro e feito en baleirado en escaiola. O retrato emprega recursos como a propia pátina do bronce para dotar de gran solidez e así poder representar, a través tamén do xesto de gravidade da escultura, a honestidade da mirada e a profunda espiritualidade do retratado.
Sen título (CE005978)
Anverso: D N HONORI-VS PF AVG.
Busto diademado de perlas con coiraza de Honorio á dereita.
Reverso: VICTORI-A AVGGG.
Imaxe do emperador Honorio estante, portando unha Vitoria sobre globo, co pé esquerdo sobre un cativo que xace no chan coas mans atadas ás costas . A Vitoria coroa o emperador. Letras M D, marcas de ceca, á esquerda e á dereita. No exergo, COMB (moeda de ouro puro cuñada na corte).
Nosa Señora dos Remedios
Representa a Virxe co Neno, inmersa en fornela de medio punto con cortinaxes recollidas e ornamentación vexetal de róleos, moi barroca. Alza sobre pedestal e predela con lenda
Sen título (CE005849)
Fragmento da traza do coro feito por Solís. O debuxo ofrece un aire de bosquexo na espada apenas suxerida como atributo do santo. Tamén o remate en frontón elévase ao cornixamento e aquí trócase por un arco, pero o máis salientable é a figura do apóstolo, a actitude calma e espiritual do debuxo de Solís convértese en vigor e plasticidade ao emerxer da Gobia de Angés.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Recipiente aberto de paredes grosas, perfil composto bitroncónico e con maior diámetro na carena, que se reduce cara o bordo e o fondo. A base é plana pero co pé lixeiramente indicado, e un rebordo perimétrico redondeado. O galbo e o ombro son sinuosos e cónicos -aberta e pechada, respectivamente- e únense a través da carena -horizontal e lixeiramente marcada-, para conferirlle a devandita forma bitroncocónica. O colo presenta unha parte moi pequena do perfil e unha suave morfoloxía cóncava. O bordo é lixeiramente exvasado e un pouco engrosado na parte exterior pola presenza dun cordón, está acabado nun beizo plano. Con respecto á pasta, esta presenta unha textura compacta-fina, homoxénea, con desgraxantes de tamaño medio e variedades tonais marrón clara e alaranxada. As superficies interior/exterior son semirugosa/semilisa, respectivamente, e amosan un brunido medio, un fondo alisado, e concrecións de carbón postdeposicionais na parte inferior do perfil e a partir da liña de carena. Os tons das superficies son claros (alaranxados e marróns)
A decoración concéntrase na parte do ombro-colo da peza e componse duns cordóns en relevo (3) e mamilos (12 visibles) de morfoloxía subcircular. Os cordóns documéntanse parellos, un no beizo e os outros dous delimitando horizontalmente o espazo do colo, entre os que se acoutan uns mamilos aliñados.