Sen título (DX0001/8)
Fragmento do corpo dun recipiente aberto, con perfil semiconvexo e paredes semigrosas. A pasta é porosa con desgraxante fino/medio, e predominio da cores claras cincentas/laranxo-avermelladas. A superficie interior mostra unha textura semilisa, namentres que na exterior é semigroseira
Sen título (DX0001/7)
Fragmento de bordo e colo dun recipiente aberto con perfil semiconvexo e paredes semifinas. A pasta é de textura compacta mostrando tonalidades que varían entre a vermella-alaranxada (pasta e superficie interiores) e a ocre-alaranxada (superficie exterior), con presenza de desgraxantes finos/medios. A superficie interior é rugosa namentres que a exterior é moi lisa.
Sen título (DX0001/6)
Fragmento do corpo dun recipiente aberto, con perfil semiconvexo e paredes semifinas. A cor predominante da peza é cincenta escura (pasta e superficie interior) con presenza dunha cor alaranxada clara (superficie exterior). A textura presenta desgraxantes finos. A superficie interior é semilisa, mentres que a exterior é semirugosa. A decoración sitúase na superficie exterior da peza e componse dos restos dun pequeno mamilo (zona inferior) e dunha liña incisa horizontal (zona superior).
Sen título (DX0001/5)
Trátase dun posible afiador de agullas de oso, con sección pseudotrapezoidal, que amosa unha acanaladura lonxitudinal con forma rectilínea e sección da acanaladura en "U" aberta.
Sen título (DX0001/4)
Trátase dunha peza que se podería denominar como placa, cunha morfoloxía xeral subrectangular e dúas caras principais ben diferenciadas. Na cara principal -ou anverso- presenta unha canle cun perfil en "U" (anchura media de 0,7 cm. e lonxitude de 2,5 cm.), que cruza lonxitudinalmente a parte central do eixo maior da peza. Na mesma dirección deste trazo acompáñano catro "coviñas" de desigual profundidade e tamaño (a primeira, cun diámetro transversal de 1,8 cm; a segunda con 0,4 cm; a terceira con 0,2 cm. e a cuarta con 0,3 cm.). Toda esta composición está rodeada por unha superficie totalmente puída que cubre toda esta cara. Este puímento uniforme -ou mesmo mais acentuado- tamén se observa na cara do reverso, pero sen ningún tipo de composición. Con respecto aos lados, os menores presentan unha tendencia redondeada -un deles con traballo desgaste por puído- e os lados maiores truncados, un deles por un entalle, e o segundo por dous entalles -aínda que menos pronunciado que no anterior-. Por último engadir que na área central dun dos seus lados menores mostra unha fractura con perda da capa exterior do soporte, eu semella ter unha pátina semellante á do resto da peza. A súa adscrición a un tipo formal, da clasificación tipolóxica vixente para o NW peninsular, sería controvertida.
Sen título (DX0001/3)
Disco de tipo simple, con morfoloxía xeral subcircular, de sección subrectangular cun do seus extremos mais apuntado, onde se sitúa un entalle nunha das caras. O labrado é groseiro nas faces laterais.
Sen título (DX0001/2)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada e triangular con tendencia equilátera, de base recta -inda que con certa concavidade-, con sección biconvexa, bordes converxentes e rectilíneos, e espesura semiabatida. O corpo é curto e ancho. O retoque sitúase nunha posición bifacial cunha amplitude profunda, unha delineación denticulada simple e cun modo plano e cubrinte. Índices: de lonxitude: 1.1 (media); de grosor: 8.33 (delgada).
Sen título (DX0001/1)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada e triangular con tendencia equilátera, de base cóncava e simple, con sección biconvexa, bordos converxentes e rectilíneos, aletas oblicuas e espesura semiabatida. O corpo é curto e ancho. O retoque sitúase nunha posición bifacial cunha amplitude profunda, unha delineación denticulada simple e cun modo plano e cubrinte. Índices: índice de lonxitude: 1.1 (media); índice de grosor: 8.33 (delgada).
Cabeza de Río
Cabeza co inicio do torso conformando unha especie de peaña. O seu tratamento rudo e sumario acentúase polo intenso desgaste que sufriu a peza, polo que os riscos faciais case teñen desaparecido; esta mesma erosión impide discernir con claridade se a figura era barbada. Os ollos consisten en dous pequenos ocos incisos, cos arcos supraciliais sinalados por medio dun leve avultamento; o nariz apenas é visible e a boca, aberta, é unha incisión horizontal. Arredor das orellas, simétricas e traballadas con detallismo, márcase unha liña que continua pola caluga nun refundido lonxitudinal que sinala a presenza dun casco ou capacete axustado, que posiblemente sería de coiro. Na parte inferior do colo, xusto pola zona onde está crebada a figura, hai unha protuberancia que probablemente corresponda á representación dun torques.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Posible fragmento de fusaiola de perfil subrectangular e paredes semigrosas. A pasta é de textura homoxénea e cor ocre, con desgraxantes semifinos As superficies superior e inferior son lisas e a súa cor é ocre clara, namentres que a lateral é da mesma cor pero semirugosa.