Sen título (CE006107)
Lápida de forma rectangular, fragmentada na súa parte esquerda. Os bordos están erosionados e con algunha falta. Unha franxa de pequenos repiques enmarca a inscrición no lado superior e no dereito. Inscrición en catro liñas con letras de tamaño regular e dimensións análogas.
Sen título (CE006106)
Ara de forma prismática con base cuadrangular, corpo central de pequenas dimensións, con fóculo circular en relevo, sobresaíndo entre acróteras incipientes. Inscrición en cinco liñas; ás letras son irregulares e presentan trazos arcaizantes. Puido pertencer a un "lararium" doméstico.
Rostro de estatua romana
Conxunto conformado por doce fragmentos dunha estatua de tamaño natural correspondente a un emperador. Todos os fragmentos aparecen recubertos dunha fina película de dourado.
O fragmento máis representativo corresponde á parte anterior da cabeza, entre a fronte e a boca, con practicamente a totalidade do nariz e o ollo dereito. Ten unha altura máxima de 7 cm.
O resto pertence a partes do corpo entre os que destacan algúns fragmentos decorados con ondas e que corresponderían á cabeleira e outros con molduras, que parecen representar dobras da vestimenta, e algún outro decorado cunha moldura cun refundido rectangular para encaixar determinadas partes do corpo. O maior dos fragmentos mide 15 x 10 cm e o máis pequeno 4 x 3 cm. Un deles posue unha perforación cadrangular sobre baquetón de perfil cadrado. O grosor oscila entre 5 e 10 mm segundo os fragmentos. Nalguns deles descóbrese unha dobre capa fortemente adherida: por fora de bronce sobredourado e por dentro un alma de chumbo que tamén aparece noutro lingote solto.
Grosor na fronte = 7,02 mm
Grosor no nariz = 4,50 mm
Grosor no ollo = 19,02 mm
Sen título (DX0002/1)
Punta de frecha de forma romboidal.
Sen título (CE006081)
Anverso: Escudo de España sobre manto de armiño timbrado por coroa real.
Reverso: ROMERÍAS ESPAÑOLAS. COMISIÓN DIRECTIVA. No campo: 12 / DE OCTUBRE / -1913- / ALSINA.
Ten forma octogonal e argola de suspensión.
Sen título (DX0016/8)
Punta de dardo de ballesta de sección cuadrangular e enmangue circular.
Sen título (DX0016/7)
Punta de dardo de ballesta de sección cuadrangular e enmangue tubular.
Sen título (DX0016/5)
Punta de dardo de ballesta de sección cuadrangular e enmangue tubular.
Sen título (DX0016/4)
Axóuxere de forma esférica, con catro aberturas que forman catro seccións de forma lanceolada. No ápice ten un apéndice cun orificio para colgar.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Ara en forma de bloque prismático, coa cornixa fragmentada, o que motivou a desaparición da primeira liña do texto. A base está en resalte. Inscrición en catro liñas.