Sen título (DX0147)
Recipiente aberto de paredes grosas, perfil composto bitroncónico e con maior diámetro na carena, que se reduce cara o bordo e o fondo. A base é plana pero co pé lixeiramente indicado, e un rebordo perimétrico redondeado. O galbo e o ombro son sinuosos e cónicos -aberta e pechada, respectivamente- e únense a través da carena -horizontal e lixeiramente marcada-, para conferirlle a devandita forma bitroncocónica. O colo presenta unha parte moi pequena do perfil e unha suave morfoloxía cóncava. O bordo é lixeiramente exvasado e un pouco engrosado na parte exterior pola presenza dun cordón, está acabado nun beizo plano. Con respecto á pasta, esta presenta unha textura compacta-fina, homoxénea, con desgraxantes de tamaño medio e variedades tonais marrón clara e alaranxada. As superficies interior/exterior son semirugosa/semilisa, respectivamente, e amosan un brunido medio, un fondo alisado, e concrecións de carbón postdeposicionais na parte inferior do perfil e a partir da liña de carena. Os tons das superficies son claros (alaranxados e marróns)
A decoración concéntrase na parte do ombro-colo da peza e componse duns cordóns en relevo (3) e mamilos (12 visibles) de morfoloxía subcircular. Os cordóns documéntanse parellos, un no beizo e os outros dous delimitando horizontalmente o espazo do colo, entre os que se acoutan uns mamilos aliñados.
Sen título (DX0123)
Realizada en granito fino de boa calidade, presenta acroterios laterais ben desenvolvidos, con frontóns triangulares e fóculo circular en relevo.
Sen título (DX0121)
A peza foi mutilada para reutilizala como simple sillar, polo que ten numerosos repiques. Na súa cara superior perdeu os rolos e o fóculo; tamén lle foron eliminadas as cornixas agás a do lado lateral esquerdo que ten unha altura de 11 cm e sobresae ata 3 cm; igualmente foille picada a base. Na parte inferior sobre o eixe central foi labrado un curioso contorno de plano rebaixado. A súa parte superior redondeada ten unha anchura de 2 cm para despois estreitarse e volverse abrir, esta vez con suave perfil en curva cara a fóra. Puidese ser para encaixar unha peza metálica. Inscrición en cinco liñas.
Sen título (DX0077)
Recipiente aberto, de morfoloxía xeral globular, perfil cónico-convexo e paredes semigrosas. A base é cónica e remata nun umbo irregular, o galbo é cónico-redondeado e limita co colo -convexo-redondeado- a través dunha carena horizontal. Tamén conta cun bordo lixeiramente exvasado e un beizo labiado. Con respecto á pasta, presenta unha textura heteroxénea, semicompacta, con desgraxantes de tamaño medio-groso e variedades tonais cincentas alaranxadas e vermellas. No caso das superficies interior/exterior, amosan cores desiguais alaranxadas/cincentas, e texturas groseira e semigroseira, respectivamente. A decoración concéntrase no exterior -entre a carena e o beizo-, e componse dunha trama irregular de trazos inciso-parellos, delimitados cun segundo trazo subcircular. Como complemento decorativo poderíase falar de dous orificios simétricos -no bordo- que tamén terían unha función suspensoria.
Sen título (DX0058)
Cipo granítico cunha inscrición en catro liñas. A lectura non é clara debido á descomposición que está a sufrir a pedra, o que xa provocou o desprendemento na superficie dalgunhas lasca. Tamén foi alterada polo picado que se fixo nas zonas das molduras para adaptala á función construtiva que desempeñaba.
Sen título (DX0003/22)
Serie de once fragmentos de cuarzo con morfoloxías variadas (irregulares, subtriangulares, etc.), con tonalidades brancas e cincentas. Entre elas destaca a peza nº 3, pola presenza de trazos de "debitage".
Sen título (CE005984)
Busto de vulto redondo modelado ao barro e feito en baleirado en escaiola. O retrato emprega recursos como a propia pátina do bronce para dotar de gran solidez e así poder representar, a través tamén do xesto de gravidade da escultura, a honestidade da mirada e a profunda espiritualidade do retratado.
Sen título (CE005978)
Anverso: D N HONORI-VS PF AVG.
Busto diademado de perlas con coiraza de Honorio á dereita.
Reverso: VICTORI-A AVGGG.
Imaxe do emperador Honorio estante, portando unha Vitoria sobre globo, co pé esquerdo sobre un cativo que xace no chan coas mans atadas ás costas . A Vitoria coroa o emperador. Letras M D, marcas de ceca, á esquerda e á dereita. No exergo, COMB (moeda de ouro puro cuñada na corte).
Nosa Señora dos Remedios
Representa a Virxe co Neno, inmersa en fornela de medio punto con cortinaxes recollidas e ornamentación vexetal de róleos, moi barroca. Alza sobre pedestal e predela con lenda
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Presenta a María Inmaculada co aspecto dunha muller aínda moza, de pé, coas mans xuntas e un tanto desproporcionadas, á altura do peito en actitude recollida. Descansa flexionando levemente a perna dereita sobre a xa clásica e apocalíptica peaña con cabeciñas de anxos e lúa crecente. O rostro, de ollar ausente e ensimesmado, de fronte ancha e despexada, enmarcado por uns cabelos ondulados toucados cun velo branco que tamén cobre os escote. Viste túnica branca sementada de flores douradas, que deixa ver, baixo as súas mangas as dun xibón rosa. O manto envolvente recóllese sobre o brazo esquerdo en pregos brandos e convencionais para logo deixar flotando as puntas no aire.