Sen título (CE003710)

Sen título (CE003710)
Sen título (CE003710)
Comentario

Anverso: Cabeza de Roma con casco alado á dereita. Detrás, X.

Reverso: Os Dioscuros a galope á dereita, con lanzas. No exergo, ROM[A].

Sen título (CE003709)

Sen título (CE003709)
Sen título (CE003709)
Comentario

Anverso: Cabeza laureada de Xúpiter á dereita, con cetro sobre o ombro. Detrás DOSSE[N].

Reverso: Carro trunfal á dereita. Encima, Vitoria. No exergo, [L. R]VBR[I].

Sen título (CE003708)

Sen título (CE003708)
Sen título (CE003708)
Comentario

Anverso: Busto diademado de Diana á dereita, con arco e carcaj á espalda. Diante, [GETA]. Detrás, III. VIR.

Reverso: Xabarín á dereita, atravesado por unha frecha e atacado por un can. No exergo, C. HOSID[I. C. F.]

Torso masculino

Torso masculino
Torso masculino
Comentario

Escultura de vulto redondo, realizada nun bloque de granito, que representa un torso de pequeno tamaño dunha figura masculina. As importantes mutilacións, así como a forte erosión que presenta o conservado dificulta observar a precisión de moitos dos seus detalles. A figura estreitase sensiblemente cara a cintura, onde leva un cinto composto por dous baquetóns lisos e paralelos que se ven nitidamente nos laterais e na parte traseira, aínda que se perde na zona frontal, substituído por un leve avultamento, que fai pensar na posibilidade de que levara o característico escudo circular dos guerreiros (caetra), con umbo central.

Os brazos parecen separarse do tronco, sobre todo na súa visión posterior. No dereito, crebado antes de chegar ao cóbado, aprézase o remate da manga curta da camisa ou sagum, que mostra un suco lonxitudinal pola parte central, e o posible resto dun bracelete ou viriae, mentres o brazo esquerdo está fracturado desde case o punto de arranque. Acaso, se sinale tamén o escote en V da camisa.

É arriscado asegurar se levaría torques, aínda que mostra diversos avultamentos na base do pescozo.

O que si se aprecía con claridade é unha ancha banda, delimitada por dúas tiras e decorada con motivos de rombos, que cruza polo peito en diagonal, dende o ombro esquerdo ata o cinto no lado dereito e que continúa polas costas, onde se fai menos evidente. (Curiosamente os rombos son o motivo ornamental máis usual nas figuras de guerreiros, e aparecen habitualmente decorando o sagum).

Sen título (CE003696)

Sen título (CE003696)
Sen título (CE003696)
Comentario

Anverso: TI [CLAV]DIVS CAESAR AVG P M [TR] [P] IMP

Cabeza núa de Claudio á esquerda.

Reverso: LIBERTAS AVGVSTA

Liberdade de pé á dereita, co brazo esquerdo estendido. e suxeitando coa man dereita o píleo. S-C.

Sen título (CE003685)

Sen título (CE003685)
Sen título (CE003685)
Comentario

Capitel corintio, moi deteriorado, de mármore con vetas grises, de baixa calidade, tamén chamado do país.

O seu cesto, moi fundido na parte inferior, organízase por medio de dúas coroas de follas que se separan lixeiramente do "kálathos", producindo efectos claroscuristas. A nervadura central destas aparece delimitada por dos profundos sucos que chegan ata a base das follas, os lóbulos son de extremos redondeados e pouco marcados e están sinalados por medio dunha incisión en trépano a ámbolos dous lados do nervio e unha zona de sombra en forma de bágoa. Entre as follas da segunda coroa xorden os caulículos, curtos e de estrías oblicuas, que abríndose en abano prolónganse para formar unhas hélices moi convencionais, debaixo dun ábaco de lembranzas clásicas. Debido ó deterioro do capitel non é posible certifica-la existencia de volutas.

Cabeza de Anllo

Cabeza de Anllo
Cabeza de Anllo
Comentario

Cabeza humana con arranque de torso. Amosa unha lixeira inclinación cara ao lado dereito e os rasgos faciais representados de forma esquemática e ruda, non exenta de singularidade expresiva. Os ollos, moi xuntos, sinálanse por medio de dous pequenos ocos circulares a ámbolos dous lados dunha liña que debuxa o nariz, cos seus orificios incisos. A boca, tamén levemente inclinada, está formada por un simple suco.

No lado dereito da cara, e anatomicamente moi adiantada, representouse a orella, formada por un semicírculo cun punto inciso central; no lado esquerdo non aparece. Trala orella sinálase unha pequena protuberancia que ten continuidade nunha liña curva incisa na caluga, que cabe interpretar como casco ou capacete, moi axustado (o que fai pensar que sería de coiro). No pescozo apréciase claramente a presencia ornamental dun torques.

Sen título (CE003651)

Sen título (CE003651)
Sen título (CE003651)
Comentario

Machado bifacial de talón con dous aneis de posición media. Presenta varios nervios na folla e rebordos no talón. Peza sen rematar: nervios feitos de xeito irregular, sen extraer o cono de fundición, un dos aneis non está furado e o outro só parcialmente.

Sen título (CE003650)

Sen título (CE003650)
Sen título (CE003650)
Comentario

Machado de talón bifacial de un só anel de posición media. A folla presenta un nervio central e carece de rebordos.