Sen título (CE003414)

Sen título (CE003414)
Sen título (CE003414)
Comentario

Trisquel con raios en sentido sinistroso. A execución semella que foi boa, pero o fragmentamento da peza, con sinais evidentes de ter sido retocado para unha posterior reutilización, impide precisar máis detalles da súa decoración.

Sen título (CE003412)

Sen título (CE003412)
Sen título (CE003412)
Comentario

Peza cilíndrica cunha decoración formada a partir dun punto central enmarcado por un rombo de lados cóncavos. Á súa vez, este vai inscrito noutros dous semellantes franqueados por baquetóns curvos paralelos. Case non se aprecia, pero posiblemente tivo unha moldura circundante

Motivo decorativo: Xeométrico, romboidal.

Sen título (CE003411)

Sen título (CE003411)
Sen título (CE003411)
Comentario

Rosácea de seis pétalos con punto central labrados a base de rebaixar os espazos intercalados con triángulos de lados curvos, co que resultan outros seis pétalos circundantes.

Ten dúas molduras circulares do mesmo ancho (4 cm.) e a posterior está decorada con motivo de cordado moi realzado.

Sen título (CE003410)

Sen título (CE003410)
Sen título (CE003410)
Comentario

Tríscele de raios en sentido dextrorso cunha moldura lisa circundante.

Sen título (CE003409)

Sen título (CE003409)
Sen título (CE003409)
Comentario

Rosácea de seis pétalos (hexapétala ou sexafolia) con punto central logrados a base de rebaixar os espacios intercalados con triángulos de lados curvos, co que resultaran outros pétalos circundantes. Cara atrás hai dous toros sen decoración, sensiblemente máis ancho o primeiro (3 cms) que o máis retrasado (2,5 cms).

Sen título (CE003408)

Sen título (CE003408)
Sen título (CE003408)
Comentario

Esvástica de seis raios en sentido dextrorso circundados por unha moldura lisa á que lle faltan grandes anacos. Entre esta moldura e o corpo lonxitudinal da peza existe unha gran depresión. Os motivos decorativos consisten nunha esvástica e raiado.

Sen título (CE003407)

Sen título (CE003407)
Sen título (CE003407)
Comentario

Trisquel de raios en sentido dextrorso cunha moldura lisa arredor. A execución do motivo non é moi boa, sendo os raios totalmente desiguais en anchura.

Sen título (CE003405)

Sen título (CE003405)
Sen título (CE003405)
Comentario

Esvástica ou roda de raios curvos en sentido sinistroso. Está tan mutilada e erosionada que non é posible precisar cantos raios tería, posiblemente oito. Aprecianse restos dunha moldura lisa enmascarando o motivo principal.

Sen título (CE003403)

Sen título (CE003403)
Sen título (CE003403)
Comentario

Trátase dun paralelepípedo traballado nunha das súas caras estreitas. O motivo, de arriba a abaixo, consiste nun círculo cunha suave incisión, tamén circular, no interior; o resto da peza está verticalmente labrado en forma de toro liso.

Guerreiro de Armea

Guerreiro de Armea
Guerreiro de Armea
Comentario

Fragmento dunha estatua de guerreiro, da que só se conserva o torso, algo mutilado e cortado xusto por baixo do cinto.

Ten as características iconográficas de tódalas estatuas de guerreiros galaicos: figura ergueita cos brazos pegados ao corpo, aínda que o esquerdo está mutilado xusto por debaixo dos brazaletes; a man dereita, ao mesmo tempo que sostén unha espada de folla ancha e alongada, de tipo "parazolium" repousa no escudo. Leva unha coiraza, da que teñen desaparecido os bicos superiores; aínda que moi erosionada, vese unha liña vertical que corre polo centro do peito e, sobre todo, polas costas. A camisa remata nos brazos a media manga, por riba dos brazaletes ou "viria", que están formados por tres ou catro toros, segundo sexa o brazo esquerdo ou o dereito. O cinto está formado por dous baquetóns ou toros lisos paralelos, e non se manifestan restos de presillas de suxeición.

O escudo ou "caetra", redondo, está completamente liso, sen sinais de inscrición ou decoración e seu umbo destaca lixeiramente. Por detrás das costas non se sabe como remataría, pois na parte da cintura ten unha profunda abrasión.