Sen título (CE003383)
Puñal alabardado de base recta con dous buratos perforados irregulares de diferentes dimensións. Presenta un nervio central asimétrico e ten sección lenticular, aínda que máis convexa por unha das faces. A irregularidade das formas e a disposición dos buratos semella o reaproveitamento dunha folla de puñal. Estudios da composición da materia: 1995 mediante fluorescencia de raios X, no Instituto de Conservación e Restauración de Bienes Culturales, en Madrid, baixo o Programa de Arqueometalurgia de la Península Ibérica.
Sen título (CE003381)
Machado bifacial de talón con dous aneis e nervio central. Talón de sección cuadrangular ancha con rebordos. Aneis de posición media. Folla de tendencia trapezoidal sen rebordos. O nervio é pouco destacado en sección. Está lixeiramente torcido segundo o eixo lonxitudinal da peza. Por unha das faces o nervio arranca do tope do talón cun trazado tortuoso, mentras que na outra, un posible defecto na base do tope do talón fai que o nervo arranque máis abaixo.
Sen título (CE003370)
Ara en forma de prisma cudrangular traballado en todas as súas caras. A inscrición desenvólvese en dúas caras contiguas, na cara A en sete liñas, na B en catro e na cara superior, ao lado do fóculo, nunha liña. O fóculo está lixeiramente agrandado e o plinto repicado.
Sen título (CE003345)
Aplique de caldeiro en forma de tau invertida, con tres orificios para os remaches e un máis grande para o enganche da asa, este está desgastado na parte superior polo rozamento da asa.
Sen título (CE003344)
Aplique de sítula con figuración de rostro humán esquemático e trazos xeométrico: ollos e cellas acentuados con axuda dun punzón, un pronunciado nariz de forma triangular, unha boca apenas delineada cunha incisión e un peiteado representado a base de liñas incisas ben marcadas. Conserva os dous remaches suxeición.
Sen título (CE003343)
Asa para sítula en forma de "U", de sección romboidal, máis ancha no centro. As curvas de suspensión rematan en dous motivos piriformes.
Sen título (CE003328)
Anverso: Cabeza núa de Augusto á dereita. Diante, AVGVSTVS. Detrás, CAESAR.
Reverso: Frustro.
Retrato de Ramón Parada Justel
O busto representa a Parada na súa época de xuventude, non máis de vinte e cinco anos, vestido con descoidada elegancia e certo dandismo: a gravata de lazo, a camisa branca e de colo dereito, a chaqueta de lá e solapa esmoquin. A cabeza aparece lixeiramente ladeada e traballada en abundantes e avultados bucles o que lle proporciona un expresivo contraste lumínico. O rostro realista e sobrio define ben a personalidade un tanto melancólica do pintor. El mesmo se retrataría con esta mesma indumentaria e actitude en varias ocasións, durante a súa curta vida.
Premio da Exposición Xeral de Belas Artes
Anverso: ALFONSO XIII / REY DE ESPAÑA
Cabeza de Afonso XIII neno, de perfil á esquerda, e inscrición a ambos lados.
Reverso: EXPOSICION GENERAL DE BELLAS ARTES MADRID MDCCCXCIX
No interior dunha coroa de loureiro e palma, con inscrición: RAMÓN PARADA FUSTEL
Estoxo en pel co texto gravado en ouro.
Aparece incorrecto o apelido do artista no reverso da medalla e no estoxo da mesma.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Ara moi clásica, con capitel desenvolvido, con rolos e fóculo pouco profundo, circular, cun diámetro de 12 cm, sobre un taboleiro con frontón, dado, un listel e un baquetón en diminución. Inscrición en cinco liñas.