Sen título (CE002763)

Sen título (CE002763)
Sen título (CE002763)
Comentario

Bloque de granito de forma paralelepípeda labrado a xeito de perpiaño por cinco caras. A frontal presenta en relevo unha cruz patada de brazos desiguais, colgando dos horizontais un alfa e un omega. A superficie da cruz, moi desgastada, ten marcadas unhas incisións no centro e preto dos extremos de cada un dos seus brazos como lembranza do oco duns cabuxóns á maneira das cruces de ourivería.

Sen título (CE002762)

Sen título (CE002762)
Sen título (CE002762)
Comentario

Trátase dun bloque granítico lixeiramente trapezoidal, labrado en pedra de canteira por todos os cantos agás o frontal que amosa no relevo unha cruz patada de brazos iguais. Dos brazos horizontais penduran simetricamente a alfa e a omega apocalípticas. Un sinxelo filete rodeada esta cara.

Placa decorativa de Amiadoso

Placa decorativa de Amiadoso
Placa decorativa de Amiadoso
Comentario

Bloque prismático de mármore con vetas, traballado nas súas seis caras, en dous momentos distintos, agrupándose de tres en tres e variando a orientación da peza.

Nunha primeira etapa, labrouse un dos lados maiores en posición vertical cun tema vexetal organizado dentro dunha cartela rectangular. Na base, dispóñense catro grandes e carnosas follas de acanto, algo trepanadas, organizadas en torno a un colgante piriforme. Entre os extremos das follas locen dúas flores hexapétalas, mentres que na parte superior xorden róleos e talos nunha profusa decoración vexetal na que peteiran dúas aves asimétricamente dispostas.

Nas caras laterais lábrase unha crátera ou "kantharos" gallonado do que parten follas de vide e zarcillos; nunha das caras, o motivo é apenas visible xa que foi repicada para asentar a peza na súa ulterior reutilización.

Trátase dun dos mellores exemplares da plástica galega de época romana. O seu deteriorado estado actual, con varios esmoucados así como un notable desgaste da superficie esculpida, non impide apreciar a riqueza da labra e a habilidade da súa execución.

O bloque foi reutilizado nun segundo momento, labrándose as outras tres caras e modificando o eixe de orientación que se dispón agora en horizontal. A cara frontal ofrece, encadrada nun marco rectangular, unha escena con dúas figuras afrontadas vestidas con túnicas curtas que sinalan pregues despois de cinguirse á cintura. Os personaxes estenden os brazos e xuntan as súas mans sostendo uns ramos ou suxeitando os pés dunha terceira figura, mentres á esquerda da composición se sitúa unha esquemática representación dunha árbore. Unha ampla cenefa vexetal exornada por un talo ondulante do que parten follas de hedra triangulares a un e outro lado alternativamente, delimitada por dous baquetóns verticais, completa a ornamentación desta cara.

Un motivo igual ao anterior aínda que coa particularidade de mostrar unha tetrafolia inscrita nun círculo nun dos extremos, repítese nos lados menores.

A escena principal, de difícil lectura, foi considerada nun principio como unha ofrenda e máis tarde reinterpretada por Bango como unha representación da ascensión de Cristo, o que conferiría á obra, de ser así, un extraordinario interese iconográfico polo feito de representar soamentes os pés de Cristo na escea.

Nazareno

Nazareno
Nazareno
Comentario

Alto relevo representando a Xesús como Nazareno arrastrando a pesada cruz a que lle falta un dos seus brazos. Viste túnica que cae en pesados pregues dispostos asimétricamente e cínguese por un longo cordón, conformando así a silueta do seu corpo. Leva nimbo crucífero e loce unha longa cabeleira que cae simétricamente a ámbolos lados do seu rostro, tocado con coroa de espiñas.

Xesús dirixe a súa mirada ó espectador na busca de compaixón e de piedade, mostrando unha expresión comedida e resignada entre a dor e a esperanza. Na parte posterior ten un enorme paralelepípedo formando conxunto coa imaxe, destinada para empotrar, polo que probablemente formase parte da clave dalgún arco da bóveda da igrexa.

Sen título (CE002702)

Sen título (CE002702)
Sen título (CE002702)
Comentario

Fina lámina de bronce decorada nos dous tercios inferiores por liñas oblícuas que se entrecuzan formando rombos, e no tercio superior por círculos concéntricos cun punto ou tres no interior; todo elo enmárcase con finos puntos. O bordo superior está dobrado e nos extremos ten un orificio para os remaches, o que indica que estaría suxeita a un material perecedoiro.

Sen título (CE002656)

Sen título (CE002656)
Sen título (CE002656)
Comentario

Fragmento de fíbula que conserva parte do arco, a cabeza en aro pechado, restos da charnela e o eixo de bronce envolto en pau.

Sen título (CE002647)

Sen título (CE002647)
Sen título (CE002647)
Comentario

Bloque de granito de grandes dimensións que presenta nunha das súas caras, nun relevo ben coidado e de grande calidade, as armas da Cidade de Ourense: león rampante, coroado, á esquerda, coa cabeza virada á dereita, empuñando unha espada, e a lenda unha fita en xefe. Ao pé, fora do escudo pero no mesmo perpiaño, a data.

Labra moi coidada, como se advirte no elegante deseño do escudo, na execución técnica e formal do traballo e da representación heráldica, na súa disposición e formas. A figura ocupa plenamente o campo, destácanse a lingua, garras, melena e cola do león, a coroa e mesmo a espada.

Sen título (CE002419)

Sen título (CE002419)
Sen título (CE002419)
Comentario

Anverso: IMP AVGVSTVS P P

Cabeza laureada de Augusto á dereita

Reverso: Cabeza feminina laureada á dereita. Diante, [TVRIA]SO.

Sen título (CE002418)

Sen título (CE002418)
Sen título (CE002418)
Comentario

Anverso: Ilexible.

Cabeza á dereitra.

Reverso: IIexible.

Figura de pé a esquerda. [S]-C.