Cabeza de verrón
Bloque prismático coa cabeza dun porco ou verrón labrada nun dos seus extremos. Unha moldura circular lisa, a modo de coleira, delimita o pescozo do animal, separando a cabeza do resto do bloque que, algo escadrado, iría encaixado nun paramento.
A calidade da labra, aínda dentro da súa tosquedade e dunha rotura no borde esquerdo da boca marcada por un risco profundo e continuo, é excepcional en relación con outras pezas deste xénero, expresando fielmente os detalles da testa. As orellas, simétricas, están formadas por dous avultamentos anchos e alongados que caen a ámbolos lados da cabeza; os ollos consisten en dúas pequenas incisións lonxitudinais e a boca- máis claramente visible no lado dereito, por estar o esquerdo crebado na parte inferior- é unha fisura ao longo do fociño que remata nos dous furados nasais.
Sen título (CE002944)
Fusaiola de forma globular, algo aplastada. Presenta decoración nunha das caras, incisa formando uns triángulos sin pechar nos seus vértices. A pasta é castaña, máis oscura na cara con decoración, e roxiza na lisa.
Sen título (CE002876)
Ola de pequenas dimensións, reconstruida na súa maior parte. O bordo é exvasado, o colo cilíndrico e ten uha liña incisa ao seu final que remarca o inicio do corpo. O corpo é de forma globular ensanchado nos extremos. A paste é de cor enngrecido, as superficies están alisadas cun lixeiro espatulado.
Sen título (CE002810)
Cipo paralelepípedo cunha inscrición en dez liñas, da primeira delas só se perciben os trazos inferiores. A parte superior foi cortada para poder encaixala na parede donde se aptopou, e a súa basa presenta numerosos repiques. Inscrición en nove liñas.
Sen título (CE002767)
Estela de forma irregular, bastante mutilada, faltando algunhas letras do comezo que imposibilitan a súa lectura. Inscrición en nove liñas.
Sen título (CE002763)
Bloque de granito de forma paralelepípeda labrado a xeito de perpiaño por cinco caras. A frontal presenta en relevo unha cruz patada de brazos desiguais, colgando dos horizontais un alfa e un omega. A superficie da cruz, moi desgastada, ten marcadas unhas incisións no centro e preto dos extremos de cada un dos seus brazos como lembranza do oco duns cabuxóns á maneira das cruces de ourivería.
Sen título (CE002762)
Trátase dun bloque granítico lixeiramente trapezoidal, labrado en pedra de canteira por todos os cantos agás o frontal que amosa no relevo unha cruz patada de brazos iguais. Dos brazos horizontais penduran simetricamente a alfa e a omega apocalípticas. Un sinxelo filete rodeada esta cara.
Placa decorativa de Amiadoso
Bloque prismático de mármore con vetas, traballado nas súas seis caras, en dous momentos distintos, agrupándose de tres en tres e variando a orientación da peza.
Nunha primeira etapa, labrouse un dos lados maiores en posición vertical cun tema vexetal organizado dentro dunha cartela rectangular. Na base, dispóñense catro grandes e carnosas follas de acanto, algo trepanadas, organizadas en torno a un colgante piriforme. Entre os extremos das follas locen dúas flores hexapétalas, mentres que na parte superior xorden róleos e talos nunha profusa decoración vexetal na que peteiran dúas aves asimétricamente dispostas.
Nas caras laterais lábrase unha crátera ou "kantharos" gallonado do que parten follas de vide e zarcillos; nunha das caras, o motivo é apenas visible xa que foi repicada para asentar a peza na súa ulterior reutilización.
Trátase dun dos mellores exemplares da plástica galega de época romana. O seu deteriorado estado actual, con varios esmoucados así como un notable desgaste da superficie esculpida, non impide apreciar a riqueza da labra e a habilidade da súa execución.
O bloque foi reutilizado nun segundo momento, labrándose as outras tres caras e modificando o eixe de orientación que se dispón agora en horizontal. A cara frontal ofrece, encadrada nun marco rectangular, unha escena con dúas figuras afrontadas vestidas con túnicas curtas que sinalan pregues despois de cinguirse á cintura. Os personaxes estenden os brazos e xuntan as súas mans sostendo uns ramos ou suxeitando os pés dunha terceira figura, mentres á esquerda da composición se sitúa unha esquemática representación dunha árbore. Unha ampla cenefa vexetal exornada por un talo ondulante do que parten follas de hedra triangulares a un e outro lado alternativamente, delimitada por dous baquetóns verticais, completa a ornamentación desta cara.
Un motivo igual ao anterior aínda que coa particularidade de mostrar unha tetrafolia inscrita nun círculo nun dos extremos, repítese nos lados menores.
A escena principal, de difícil lectura, foi considerada nun principio como unha ofrenda e máis tarde reinterpretada por Bango como unha representación da ascensión de Cristo, o que conferiría á obra, de ser así, un extraordinario interese iconográfico polo feito de representar soamentes os pés de Cristo na escea.
Nazareno
Alto relevo representando a Xesús como Nazareno arrastrando a pesada cruz a que lle falta un dos seus brazos. Viste túnica que cae en pesados pregues dispostos asimétricamente e cínguese por un longo cordón, conformando así a silueta do seu corpo. Leva nimbo crucífero e loce unha longa cabeleira que cae simétricamente a ámbolos lados do seu rostro, tocado con coroa de espiñas.
Xesús dirixe a súa mirada ó espectador na busca de compaixón e de piedade, mostrando unha expresión comedida e resignada entre a dor e a esperanza. Na parte posterior ten un enorme paralelepípedo formando conxunto coa imaxe, destinada para empotrar, polo que probablemente formase parte da clave dalgún arco da bóveda da igrexa.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Anverso: [FAVST]INA AV[GVSTA]
Busto drapeado de Faustina II á dereita.
Reverso: [FECV]N[DITAS]
Fecundidade con cetro na man esquerda e infante na dereita. S-C